Saltar

Guía de cociña RINGHULT en branco de alto brillo

A superficie branca de alto brillo das frontes RINGHULT daralle un toque moderno e espazoso á túa cociña. É resistente á humidade e aos golpes, e poderás limpala facilmente para que a túa cociña luza sempre resplandecente.

Cociña con frontes brancas RINGHULT de alto brillo, portas de vidro HEJSTA, un andel para cadros na parede e unha illa.
Cociña con frontes brancas RINGHULT de alto brillo, portas de vidro HEJSTA, un andel para cadros na parede e unha illa.

Cociña RINGHULT en branco brillante por 1049€

Prezo para unha cociña estándar de 240 x 60 x 228 cm

Inclúe: armarios, frontes, tiradores, accesorios interiores, bisagras, zócolos, patas, caixóns, mesado, vertedoiro e billa.

Non inclúe: electrodomésticos, iluminación integrada nin mesado á medida.

A cociña dos teus soños personalizada

Usa o sistema de cociña flexible METOD para mesturar armarios baixos e de parede e combinar portas de vidro con frontes lisas. Os distintos tamaños de armarios permitiranche optimizar a cociña e ter o máximo espazo de almacenaxe posible. As frontes RINGHULT pódense complementar con paneis FÖRBÄTTRA, zócolos e molduras brancos de alto brillo.

Iniciar o planificador de cociñas IKEA
Cociña luminosa con frontes RINGHULT en brillo, armarios con portas de vidro HEJSTA, unha illa e un andel para cadros.
Iniciar o planificador de cociñas IKEA

Electrodomésticos integrados na cociña

Crea un estilo limpo integrando o teu frigorífico/conxelador coa mesma fronte RINGHULT que o resto da cociña. O aspecto uniforme dará amplitude á cociña e fará que pareza máis espazosa.

Cociña con armarios con frontes RINGHULT en brillo, un frigorífico/conxelador integrado, un forno e un microondas.

25 anos de garantía de balde

As cociñas IKEA están feitas para resistir os rigores da vida cotiá do fogar, por moitos días e anos que pasen. De feito, estamos tan seguros da calidade do noso sistema METOD que che ofrecemos unha ampla garantía de 25 anos.

Máis información sobre a nosa garantía de 25 anos
Illa de cociña grande con catro caixóns con frontes brancas RINGHULT de alto brillo e pomos KALERUM en cor aceiro inoxidable.
Máis información sobre a nosa garantía de 25 anos