Saltar

Como transformar unha oficina na casa nunha habitación de convidados

Un sofá pode ser un bo lugar para unha reunión en liña. Un sofá cama é perfecto cando hai convidados que quedan a durmir. Aquí tes algúns dos mellores consellos para crear unha habitación que se transforma facilmente de oficina na casa a habitación de convidados, e á inversa.

Unha habitación cunha mesa con rodas sobre unha alfombra diante dun sofá cama HYLTARP preto dun soporte elevable activo LIDKULLEN.
Unha habitación cunha mesa con rodas sobre unha alfombra diante dun sofá cama HYLTARP preto dun soporte elevable activo LIDKULLEN.

Empecemos polo escritorio

É doado transformar o teu escritorio nun toucador para os convidados. Só tes que quitar o portátil do soporte e gardalo debaixo. E logo sacar un pequeno espello, o que utilizas para comprobar que tes un bo aspecto antes das reunións en vídeo, e colocalo enriba.

Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio
Un espello de mesa LINDBYN negro enriba dun soporte para portátil/monitor VATTENKAR á beira dalgúns arquivadores TRUMMIS nun escritorio.
Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio

Unha gran benvida nunha habitación que se transforma facilmente

Nada fai que os teus convidados se sintan máis valorados que un pequeno kit de benvida no sofá cama. Toallas, xampú, algo de chocolate... E gardar a roupa de cama, os edredóns e as almofadas en caixas preto fai que sexa superfácil transformar o cómodo sofá nunha cómoda cama, e á inversa.

Velaquí todos os sofás cama
Un coxín cunha funda ODDNY sobre un sofá cama ao carón dalgunhas toallas e roupa de cama, incluída unha toalla de baño VINARN azul.
Dúas caixas de almacenaxe HEMMAFIXARE sobre un andel de madeira enriba doutro andel no que hai dúas caixas de almacenaxe HEMMAFIXARE máis altas.
Velaquí todos os sofás cama

Non trouxeron cargador?

Este cargador sen fíos é práctico para manter o teléfono do traballo cargado e ideal para os convidados que esqueceron o seu. É fácil poñelo onde o necesitas, e o suave acabado téxtil realza o ambiente cálido e acolledor. Coloca o contrasinal da rede wifi nun cadro xunto a el para crear unha estación de asistencia técnica completa.

Velaquí todos os accesorios e cargadores sen fíos
Unha man suxeitando un teléfono móbil sobre unha escaleira BEKVÄM na que hai un cargador sen fíos NORDMÄRKE, un vaso e un marco de fotos.
Velaquí todos os accesorios e cargadores sen fíos

Almacenaxe doada para todos

As ideas sinxelas como os ganchos ou un banco con almacenaxe son formas doadas e accesibles de coidar da roupa e os accesorios dos convidados. E tamén son moi prácticas para ti como almacenaxe adicional noutros momentos.

Un banco TOLKNING aberto con almacenaxe diante dunha parede debaixo dun colgadoiro KARTOTEK con 5 ganchos, preto dun espello TOFTBYN negro.
Dous colgadoiros KARTOTEK con 5 ganchos colocados un xunto ao outro nunha parede cun calzador e roupa pendurada neles.

Mobles flexibles para unha habitación que se adapta

Os mobles que podes mover facilmente ou pregar e apartar son ideais nunha habitación multifuncional. Cando os teus convidados estean cansos, podes simplemente apartar esta mesa con rodas e pregar o soporte para portátil para crear máis espazo para abrir o sofá cama.

Unha mesa con rodas LUBBAN con almacenaxe sobre unha alfombra TIDTABELL diante dun sofá cama, preto dun soporte para portátil BJÖRKÅSEN.
Un soporte para portátil BJÖRKÅSEN pregado á beira dun sofá cama HYLTARP que ten unha manta ULLTISTEL sobre un lado.

Prepara o ambiente para un bo descanso nocturno

É momento de abrir o sofá para gozar dunha cómoda cama e baixar os estores opacos para que os teus convidados poidan durmir sen que lles molesten as luces da rúa ou o sol pola mañá. E coas lámpadas para domótica de IKEA e un mando a distancia, poden regular a iluminación a un nivel cómodo e incluso apagalas sen saír da cama.

Velaquí todos os estores opacos
Un mando a distancia STYRBAR sobre un brazo dun sofá cama HYLTARP á beira dunha mesa con rodas LUBBAN con almacenaxe.
Unha lámpada de traballo LED ISNÅLEN en cor vermella/latón sobre un escritorio á beira dunha fiestra, cun estor opaco FRIDANS en branco.
Velaquí todos os estores opacos
Velaquí todos os produtos domóticos

Leva o control ao seguinte nivel coa domótica de IKEA

Transformar o ambiente regulando as luces cun mando a distancia ou unha aplicación é só unha das posibilidades coa nosa gama de domótica. Tamén podes controlar a música, os estores eléctricos, os purificadores de aire…

Velaquí todos os produtos domóticos