Saltar

Un cuarto onde conectar e desconectar

Este cuarto está deseñado para descansar cando non estás en liña e para sobresaír entre a multitude cando si o estás. Ten todo o necesario para os teus eventos en directo, incluída unha cortina para crear un espazo de streaming privado. Cando che apeteza desconectar, o único que tes que facer é agochalo todo detrás.

Cadeira gaming MATCHSPEL e escritorio gaming UTESPELARE con dúas pantallas e outros accesorios enriba no recuncho dun cuarto gris.
Cadeira gaming MATCHSPEL e escritorio gaming UTESPELARE con dúas pantallas e outros accesorios enriba no recuncho dun cuarto gris.

Confort de altas prestacións

Este escritorio e cadeira gaming de deseño ergonómico están deseñados para que poidas xogar unha boa partida, por moi difícil que se poña a cousa. Con seis alturas e unha superficie que podes colocar de dúas maneiras distintas, este escritorio permitirache estar nunha posición cómoda, partida tras partida.

Velaquí todos os mobles de gaming
Cadeira gaming MATCHSPEL e escritorio gaming UTESPELARE negro con dúas pantallas enriba e unha cortina gris a un lado.
Velaquí todos os mobles de gaming

Toca enfeitarse!

Precisas un lugar onde maquillarte? Coloca esta lámpada de parede a calquera lado do espello para crear un espazo exclusivo onde aquelarte antes de gravar. Complétao cun pequeno moble de caixóns ou cun carriño para que os teus peites e cosméticos sempre estean ben organizados.

Velaquí todas as lámpadas de parede
Dúas lámpadas de parede MUSIK a cada lado dun espello dentro dun recuncho rodeado por cortinas, con estantes e un carriño para cosméticos e outros accesorios.
Velaquí todas as lámpadas de parede

Comodidade para as túas sesións de streaming

Por que non probas a crear un espazo de streaming cunhas cortinas? Conseguirás un recuncho acolledor que poderás personalizar cada vez que teñas un directo. Agora xoga coa iluminación: coloca uns cantos focos con lámpadas RGB para crear diferentes ambientacións. E completa o teu equipo cunha cadeira gaming para manter unha boa postura aínda cando os teus directos duren máis do que tiñas pensado.

Velaquí todas as cadeiras para xogar
Cadeira gaming MATCHSPEL e escritorio gaming UTESPELARE cunha lámpada anular enriba dentro dun espazo rodeado por cortinas cunha lámpada e unha planta.
Velaquí todas as cadeiras para xogar

Organización con estilo… e pintura!

Con este soporte para accesorios, organizar o teu equipo gaming será moi divertido. Está feito de madeira sen tratar para que poidas personalizalo e darlle un toque moi chulo ao teu espazo.

Velaquí todos os accesorios de gaming
Soporte de madeira para accesorios LÅNESPELARE enriba dunha mesa, diante dun sofá gris, sendo pintado de vermello.
Velaquí todos os accesorios de gaming