Saltar

Un lugar para todas as actividades do comedor

Unha boa forma de fomentar o tempo de calidade en familia é transformar a zona de comedor nunha zona de xogos con espazo para diferentes actividades. Se o fas ben, ata pode que os rapaces se animen a saír do seu cuarto e non só para comer. Xogos, hobbies, deberes ou simplemente pasar o tempo... Todo pode ser máis fácil e divertido. Só precisas uns poucos mobles sinxeliños.

Mesa extensible STRANDTORP marrón escuro rodeada de varias cadeiras e organizada en varias zonas para as actividades diarias.
Mesa extensible STRANDTORP marrón escuro rodeada de varias cadeiras e organizada en varias zonas para as actividades diarias.

Mantén as cousas ordenadas e accesibles con almacenaxe aberta

Unidades de almacenaxe coma estas permítenche ter organizados e recollidos xogos de mesa, xoguetes e accesorios. Se engades unhas caixas, optimizarás a capacidade de almacenaxe e manterás un aspecto ordenado. As caixas non só son ideas para gardares todas esas cousiñas que se perden facilmente ou se enchen de po, senón que podes utilizalas para mellorar o estilo, xa que as hai con moitos deseños diferentes.

Velaquí todos os estantes
Sala de estar con cadeira infantil AGAM branca a carón dunha mesa. Detrás, contra a parede, unha unidade de almacenaxe KALLAX branca.
Velaquí todos os estantes

O teu aliado para non perder nada

Estar só no teu cuarto facendo os deberes pode ser aburrido. En serio, que estarán facendo os demais no comedor? Cun organizador de escritorio podes levar as túas cousas a calquera sitio para facer os deberes e pasar tempo cos demais. E cando vaias ir para a cama, simplemente recólleo todo e gárdao.

Velaquí todos os accesorios de escritorio
Organizador de escritorio ÖVNING sobre unha mesa grande, entre auriculares, floreiros con flores e unha cunca de café.
Velaquí todos os accesorios de escritorio

Máis xente sentada e máis cómoda

Unha mesa extensible permíteche adaptarte ao número de persoas que precisas sentar e garante que todos teñan espazo abondo, tanto se están cosendo, estudando ou comendo ata fartar. E se falamos de sentar, unha cadeira cómoda pode marcar a diferenza entre unha comida agradable e un suplicio.

Velaquí todas as cadeiras
Mesa extensible STRANDTORP marrón con material de escritorio, accesorios para costura e flores nun par de floreiros.
Velaquí todas as cadeiras

Transforma facilmente a mesa de comedor nun lugar para os teus hobbies

Os carriños son un compañeiro inseparable para almacenaxe móbil, xa que che permiten instalarte alá onde haxa sitio. Se tes as túas cousas preto non terás que andar a levantarte para buscalas e non interromperás a creatividade. E se falamos de crear, unha cadeira cómoda axudarache a concentrarte no traballo. Cando elixas unha cadeira, lembra que cunha xiratoria de altura regulable estarás cómodo durante máis tempo.

Velaquí todos os carriños
Cadeira xiratoria ÖRFJÄLL branca e amarela verdosa entre unha mesa e un carriño NISSAFORS vermello cheo de teas variadas.
Velaquí todos os carriños

Combina cadeiras sinxelas con sofás pequenos para creares un espazo social

A idea dun gran sofá pode soar atractiva, pero non é o mellor para todos os espazos, sobre todo se non tes sitio. Unha parella de sofás de dúas prazas xunto cunhas cadeiras sinxelas pode crear un recuncho acolledor e social á vez, xa que podedes estar cara a cara.

Recuncho dunha sala de estar cun par de sofás de dúas prazas PÄRUP verde escuro enmarcando un ximnasio para bebés LEKA e mesas niño SVALSTA de bidueiro.

Coloca un ximnasio infantil onde está a acción

Un espazo verdadeiramente social é un espazo inclusivo: un lugar onde todos poden pasar o tempo, mesmo os máis pequenos da familia. Colocar un ximnasio portátil para bebés sobre a alfombra permítelle ao bebé estar no lugar axeitado. Sentirá a vosa compañía e mamá e papá tamén poderán unirse á festa no canto de vixiar o bebé desde algún outro sitio. Agora engádelle unha manta de bebé (e o bebé) e que empece a festa!

Velaquí todos os xoguetes para bebé
Interior dunha sala de estar cun ximnasio para bebés LEKA de bidueiro sobre unha alfombra a carón dun sofá de dúas prazas PÄRUP verde escuro.
Velaquí todos os xoguetes para bebé