Saltar

A receita para unha cea inesquecible comeza ao poñer a mesa

Poñer a mesa é moito máis que preparar unha comida: é dicir sen palabras "Estiven agardando por ti". Nesta guía, amosámosche como facelo para que calquera momento —dende unha comida ata unha celebración— se sinta especial, sen importar o motivo. Toma nota!

An oak/leather STOCKHOLM 2025 chair

1. Un mantel pode cambialo todo

Un mantel longo e elegante pode facer que a cea semelle unha celebración, namentres que uns individuais achegan frescura e lixeireza para un almorzo improvisado. Tamén están os camiños de mesa, ideais para poñer o foco no centro e dar estrutura sen recargar.Porque, segundo o lenzo que escollas, a historia na mesa será distinta.

A festive dining table is set for the holidays with several white star-shaped STRÅLA lampshades hung above the table.

1. Un mantel pode cambialo todo

Un mantel longo e elegante pode facer que a cea semelle unha celebración, namentres que uns individuais achegan frescura e lixeireza para un almorzo improvisado. Tamén están os camiños de mesa, ideais para poñer o foco no centro e dar estrutura sen recargar.Porque, segundo o lenzo que escollas, a historia na mesa será distinta.

2. Saca a vaixela boa! Aínda que sexa martes

Non fai falla unha ocasión especial para coidar a presentación. Combinar pratos de distintos tamaños, xogar con contrastes ou harmonías nos cubertos e darlles unha orde meditada converte o cotián en extraordinario. Unhas pezas clásicas poden falar de tradición; outras máis minimalistas, de modernidade. Todo depende do estilo que queiras transmitir.

3. Cada copa conta unha historia

Non é o mesmo brindar nunha copa alta de cristal que nun vaso de auga cotián. A cristalaría marca o ton: elegancia, proximidade, celebración ou sinxeleza. Escolle ben e deixa que as túas copas falen por ti.

A table set for a festive occasion with some STORSINT glasses and a STORSINT carafe and FÄRGKLAR tableware.

3. Cada copa conta unha historia

Non é o mesmo brindar nunha copa alta de cristal que nun vaso de auga cotián. A cristalaría marca o ton: elegancia, proximidade, celebración ou sinxeleza. Escolle ben e deixa que as túas copas falen por ti.

A poñer a mesa!

Unha mesa ben posta transmite harmonía. Se é formal, coida as simetrías e o protocolo. Se é informal, busca o equilibrio cun toque natural. O importante é que todo teña o seu sitio... e o seu sentido.

Mesa informal

1. Prato plano  2. Prato fondo  3. Pano de mesa  4. Garfo de ensalada  5. Garfo principal  6. Coitelo  7. Culleriña  8. Culler sopeira  9. Copa de auga  10. Copa de viño

Mesa formal

1. Prato plano  2. Prato fondo  3. Pano de mesa  4. Garfo de ensalada  5. Garfo principal  6. Coitelo  7. Culleriña  8. Culler sopeira  9. Copa de auga  10. Copa de viño tinto  11. Copa de viño branco  12. Prato e coitelo para o pan  13. Culleriña e garfo para sobremesa

5. Non subestimes o poder dun cunco

Os cuncos engaden altura e movemento a unha mesa que, doutro xeito, podería verse plana. Un bo cunco pode realzar unha crema, unha ensalada ou uns aperitivos. Ademais, achega ritmo e pode servir de nexo entre estilos. As bandexas non só serven para transportar cousas: poden actuar tamén como base decorativa ou soporte central. O segredo é atoparlles o seu sitio.

Detalles que non se comen... pero alimentan a escena.

Unhas ramiñas secas en outono, flores silvestres en primavera, cunchas en verán... Son pequenos toques decorativos que conectan a mesa co momento do ano e crean unha atmosfera cálida e coidada.

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Click & Collect GRATIS este verán

IKEA Family: Recolle o teu pedido pequeno dende 1,90€* en máis de 2300 puntos, só por tempo limitado!

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

Máis información

365 días para cambiar de opinión

Podes devolver os teus artigos nas nosas tendas ou a domicilio

Máis información