






A serie IKEA 365+ inclúe todo o necesario para a mesa. A súa sinxeleza resulta ideal para o día a día, pero tamén pode engalanarse con cores e accesorios. É de porcelana de feldespato, polo que conserva a súa beleza pese ao paso do tempo.
Número do artigo502.589.50Material
Boa resistencia aos impactos
A porcelana de feldespato resiste golpes e impactos mellor que calquera outro tipo de cerámica. Por este motivo, os produtos de porcelana de feldespato presentan menos grosor que os de louza ou barro, polo que son máis lixeiros e resistentes, á parte de aptos para o lavalouzas. Unha combinación moi práctica.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
“Hoxe para cociñar e comer a xente inspírase en todo o mundo. Cando deseñamos a serie IKEA 365+ tivemos isto en conta. A vaixela ten un deseño sinxelo, pero práctico que se pode utilizar para todo tipo de pratos e ocasións. Os bordos dos pratos son altos; así se suxeitan mellor. Os boles pódense utilizar para servir e para ensaladas, os cereais do almorzo e sobremesas. A idea é facer máis fácil a vida día a día e tamén un pouco máis luxosa”.