Saltar

Un pequeno comedor familiar non só para comer

Este pequeno comedor familiar é ideal para comer e permite tirarlle o máximo proveito a un espazo limitado que fomenta a creatividade en familia entre todos. Cunha práctica mesa redonda e almacenaxe para a louza e os xoguetes, todos terán a sensación de estar na casa. A paleta de cores ten unha base cálida suave que che permite combinar detalles vivos para crear un ambiente positivo.

Unha cadeira VIHALS xunto a unha mesa VIHALS redonda diante de dous estantes VIHALS en branco nun pequeno comedor familiar.

Unha mesa cunha forma que conecta

Unha mesa redonda, como esta da serie VIHALS, potencia a sensación de unión. Todas as persoas son benvidas a participar na conversa ou a realizar algunha tarefa creativa de modelaxe con plastilina, como neste caso.

Velaquí todas as mesas redondas
Unha muller adulta e unha nena sentadas xunto a unha mesa redonda VIHALS en branco, sobre unha alfombra RIDSTIG e debaixo dunha lámpada colgante BLÅSVERK en beixe.
Velaquí todas as mesas redondas

Unha cadeira cunha altura axeitada

Sexa a hora de comer ou de poñerse a debuxar, todo o mundo é máis feliz na mesa cando os pequechos teñen unha cadeira cómoda á altura perfecta para eles. Esta cadeira alta infantil URBAN é ideal cando son grandes dabondo para unha trona, pero non tanto como para sentar nunha cadeira convencional. É fácil de limpar e de mover se queres deixar espazo libre para xogar.

Velaquí todas as cadeiras infantís de comedor
Unha persoa adulta e unha nena xogan con varias pelotas sobre unha alfombra, xunto a unha cadeira alta infantil URBAN e un estante BRÄNNBOLL con rodas.
Velaquí todas as cadeiras infantís de comedor

Solución de almacenaxe compartida fácil de usar

Nestes dous estantes, hai moito espazo de almacenaxe para todo o mundo. Os estantes abertos ofrecen unha visión xeral do que conteñen e son moi útiles para coller cousas, sobre todo para os máis pequechos. Con varias caixas, poden organizarse os obxectos máis pequenos. Garda as súas cousas na parte de embaixo para que poidan collelas sen problemas e coloca a louza máis fráxil na parte de enriba. Os estantes forman parte da serie VIHALS, ao igual que a mesa e as cadeiras, polo que todo combina á perfección.

Velaquí a serie VIHALS
Dous estantes VIHALS en branco cheos de cousas, como un portarrolos con almacenaxe MÅLA e unha caixa BARNDRÖM.
Velaquí a serie VIHALS

A iluminación perfecta para calquera actividade

Unha lámpada colgante como esta ofréceche unha boa iluminación para velo todo e a todo o mundo na mesa. Se empregas unha lámpada regulable, podes obter a luz e o ambiente axeitados para todas as cousas que faga a túa familia, dende actividades creativas cos máis pequechos ata ceas íntimas.

Velaquí todas as lámpadas de teito
Unha lámpada colgante BLÅSVERK en beixe pendurada enriba dunha mesa cun vaso KÄLLARHALS amarelo e un vaso/regadeira ÄRTBUSKE sobre ela.
Velaquí todas as lámpadas de teito

Artigos coloridos que combinan para as comidas en familia e outras actividades

A mesa, as cadeiras e os estantes VIHALS coordinados achegan harmonía á estancia. Xunto coa alfombra RIDSTIG, serven de base para que os artigos máis coloridos acheguen o toque alegre. A alfombra é suave ao tacto dos pés e para xogar sobre ela. As alfombras planas son fáciles de aspirar e permiten sacar as cadeiras de debaixo da mesa do comedor sen complicacións.

Velaquí todas as alfombras planas
Cadeiras VIHALS e unha cadeira alta infantil URBAN xunto a unha mesa redonda VIHALS, cunha alfombra RIDSTIG debaixo e un tallo PERJOHAN con almacenaxe ao lado.
Velaquí todas as alfombras planas