Saltar
Máis de Colección AFTONSPARV

AFTONSPARV Iluminación decorativa LED, forma esfera multicolor

19,99€

Como conseguilo

Comprobando dispoñibilidade...
Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
AFTONSPARV
405.587.13

O teu planeta en plástico reciclado. O soño de todos os fans do espazo feito realidade! Este inclúe 7 cores distintas, así o teu fillo poderá escoller a que máis lle guste ou deixar que a lámpada LED cambie de cor automaticamente.

Características do produto
  • Color regulable
Máis información
AFTONSPARV Iluminación decorativa LED, forma esfera multicolor

Opinións dos clientes

4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 113Valoración media
113Opinións
4.6Recensión: 4.6 de 5 estrelas. Revisións totais: 113Valoración media
113Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas por este produto

Produtos relacionados

Recomendado para ti

AFTONSPARV Iluminación decorativa LED, forma esfera multicolor

O espazo é infinito, como a imaxinación

Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.

Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".

Un foguete espacial propulsado pola imaxinación

As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".

Durmir ollando os planetas

Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de Colección AFTONSPARV

Accesorios para AFTONSPARV