O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.
MÅLA Padróns cidade cartón 10 p
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
MÅLA
704.953.47Un agasallo perfecto para o pequeno arquitecto ou arquitecta. Con estes modelos de cartón, o teu cativo pode pregar e crear unha pequena cidade nun instante e pintala coas súas cores favoritas.
Material
Cartón., Cartón.

Con estes modelos de cartón, o teu fillo pode dobrar, pintar e construír unha pequena cidade con casas, unha estación de tren, unha escola, unha tenda de xeados e árbores.
A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.
Traballar coas mans mellora a capacidade de aprendizaxe do teu fillo e as súas habilidades motrices finas.
O agasallo ideal para os nenos aos que lles encanta facer manualidades.
S Edholm/L Ullenius
Inclúe: 10 casas e árbores para decorar a cidade.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
Cartón., Cartón.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.ATENCIÓN! RISCO DE ASFIXIA. O papel pódese mastigar en pequenos anacos. Non é adecuado para nenos menores de 3 anos.Este produto leva marcado CE.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Para os pequenos creadores curiosos
Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.
O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.
Para artistas con moito choio
Comezos sinxelos
A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".
Calidade
Xenialidades creativas en tamaño pequeno!
Pinta! Debuxa! Dá forma! A serie MÅLA ten todo o que un pequeno ou unha pequena precisan para liberar a súa imaxinación e creatividade (e para gardar as súas creacións). Inclúe un cabalete, masas de cores para modelar, pinceis e tesoiras aptas para manos pequenas e pinturas fáciles de mesturar e limpar. E non pasa nada se non lle colocan a tampa ao rotulador ao rematar, porque poden sobrevivir sen ela até tres días.









