Ideas para comedores pequenos que redefinen o estilo tradicional
Un comedor familiar pequeno dá para moito: ceas de diario, festas de fin de semana e algunha conversación profunda. E, cun chisquiño de creatividade, tamén pode ser o teu refuxio no día a día. Para que todo flúa, nada como unha mesa redonda que se poida mover facilmente. Crea unha zona para comer e outra para conversar arredor dun café (neste caso, as mesas niño serán as túas aliadas).
Deixa que as paredes falen. Para que a estancia non semelle sobrecargada, faite cun estante con almacenaxe aberta e pechada (con algunhas caixas e cestas) e decora unha parede con fotos familiares e as túas láminas favoritas para crear un espazo máis persoal e acolledor. A iluminación determina o ambiente e axuda coas pequenas tarefas. Pon unha lámpada colgante enriba da mesa de comedor e focos para facer encrucillados e traballos manuais. Engade cortinas e coxíns que acheguen calidez, e algunhas plantas artificiais para encher a habitación de cor sen ter que regalas. Listo!

Unha mesa de comedor e cadeiras que non te fallan
Presentámosche a mesa GRÖTÅN, deseñada para a trasfega da vida cotiá. Esta mesa, elegante mais estable e robusta, ten un taboleiro cepillado de madeira maciza cun estilo tradicional. A forma redonda facilita a circulación nun espazo compacto, e a estética atemporal faina idónea para calquera fogar. Está dispoñible en dous tamaños para que escollas o que mellor se adapte á túa disposición.
As cadeiras a xogo teñen un respaldo curvado de madeira maciza e unha estrutura inferior estable de madeira. Ademais, non tes que preocuparte polas salpicaduras: a funda do asento tapizado pódese quitar e lavar na lavadora, polo que non entrarás en pánico se se mancha de salsa de tomate. Este comedor, cómodo, duradeiro e económico, estará ao teu carón durante moitos anos.
Unha galería mural en versión caseira
Xa non tes que buscar unha superficie para expoñer os teus recordos: só tes que mirar cara a arriba. Pensa nas túas paredes como en lenzos en branco e dálle a cada cousa o espazo que merece: fotos de voda, retratos dos máis pequenos e incluso o póster do museo que visitaches fai unha década. Nunha galería mural pódense entretecer diferentes estilos e eras, como unha lámina de arte pop cun paisaxe pastoril do século XVII. Sorprendentemente, queda xenial. Mestura formas, marcos, ilustracións e fotos ata que a parede conte a túa historia. E lembra que podes enmarcar moitas cousas, ademais de imaxes: é a túa parede, e tamén pode ser arte se ti o dis.

Almacenaxe que destaca o estilo e reduce a desorde
Este armario alto HAUGA con 2 portas dáche o mellor de ambos os dous mundos: estantes abertos para os artigos de uso diario que queres ter á man ou á vista e unha sección pechada para agochar o papelorio ou os xogos de mesa. Nun espazo compacto, un armario alto permite aproveitar o espazo vertical de xeito eficiente. Reserva unha caixa ou cesta para cada actividade (sempre podes cambialas ou engadir máis segundo o que precises en cada momento). E se che gusta a xardinaría, pero non tes moita man verde, sempre podes facerte con plantas artificiais. Farán que o teu fogar sexa máis exuberante sen pedirche nada a cambio.

Realza o ambiente, sexa cal sexa
Unha boa iluminación cambia o ambiente no teu fogar, o que repercute nas actividades que fas nel. Empeza con iluminación ambiental para definir o ambiente: brillante para encherte de enerxía polas mañás e máis suave para transmitir relaxación. Engade iluminación directa onde a necesites, como unha luz potente mais suave para ler e un feixe dirixido para facer crebacabezas ou traballos manuais.
Non esquezas incluír varios focos con pinza que podas ir movendo segundo o precises (por exemplo, nun estante ou escritorio) sen necesidade de recorrer a un electricista. Tamén che recomendamos usar atenuadores para alternar entre os distintos modos, por exemplo, para pasar dos momentos produtivos aos máis relaxados. Cuns poucos axustes, a túa habitación parecerá máis grande, as tarefas simplificaranse e as noites resultaranche máis agradables.
Faille un oco ao relax (e a algún petisco que outro)
É incrible o pouco espazo que necesitamos para relaxarnos: un sofá cómodo, uns coxíns brandos e unha manta quentiña. Non precisas máis metros cadrados, só un pouco de intención e algúns coidados. As mesas niño SONHULT estarán á túa disposición cando necesites recargas as pilas. Saca unha para tomar un té con algo doce e usa a outra para botar unha emocionante partida de xadrez ou para amontoar os libros durante o teu maratón de lectura da fin de semana. Cando remates, podes poñelas de novo unha debaixo da outra para liberar espazo no chan e manter o cuarto despexado, ordenado e listo para a seguinte actividade.
Cortinas para deixar pasar a luz ou bloqueala
Queres manter a conexión co mundo exterior durante o día, pero con certa sensación de privacidade? Gústache ver películas de noite sen molestos reflexos? As cortinas finas MATILDA brancas son a resposta. E se prefires quedar completamente a escuras pola noite, faite coas cortinas opacas MAJGULL.
As cortinas non só son prácticas, senón que forman parte da decoración, dan vida ao cuarto e achegan un toque acolledor. A vexetación tamén realza o ambiente, pero, se a xardinaría non é o teu, sempre podes recorrer ás plantas artificiais: aledan o peitoril sen necesidade de regalas e non murchan.

Adornos de mesa para todo o ano (durante moitos anos)
Renova unha mesa de madeira tradicional sen grandes estridencias con estes adornos de mesa. Estes floreiros atemporais, feitos de vidro verde 100% reciclado, están dispoñibles en tres tamaños diferentes. As flores artificiais semellan acabadas de cortar, pero non murchan se te esqueces de botarlles auga (contámosche un segredo: a auga nos floreiros non é máis que un aderezo). Coloca os floreiros a diferentes alturas entre si para acadar máis dinamismo e vai cambiando as flores segundo a estación. O resultado? Un espazo apracible e acolledor co encanto romántico de antano para que o goces todo o ano.
Comidas diarias cun toque elegante
Para gozar da comida só precisas dous ingredientes: sabores deliciosos e boa compaña. Mais, cun pouco de atención á presentación dos pratos, podes levalas ao seguinte nivel. Non fai falla sacar os teus mellores manteis nin encher a mesa de candeas: só tes que combinar cores e texturas que queden ben xuntos. Esta comida serviuse en cuncos de cores que fan que a cea semelle aínda máis saborosa. Esquece o mantel (acabaría por mancharse de todos os xeitos!) e deixa que a mesa brille. A mesa GRÖTÅN, feita de madeira maciza escura, contrasta perfectamente coa vaixela PELARKAKTUS verde para ofrecer unha decoración desenfadada que invita a relaxarse tras un día atafegado.