Saltar

Consellos e xoguetes para estimular o desenvolvemento do bebé

Os cativos medran moi rápido dende que nacen e hai moito que facer; en realidade, todo está por facer. Dende aprender a recoñecer cores básicas e formas simples até empezar a dar os primeiros pasos, non hai nada coma o xogo para favorecer o desenvolvemento do bebé.

Un bebé feliz sobre unha manta GULSPARV branca enriba dunha cama coa súa nai, que lle suxeita os pés e lle sorrí.
Un bebé feliz sobre unha manta GULSPARV branca enriba dunha cama coa súa nai, que lle suxeita os pés e lle sorrí.

Aprendizaxe en boa compaña

Os xoguetes axudan aos bebés a desenvolver os sentidos e a familiarizarse co contorno. Un ximnasio para bebés é fantástico para exercitar a coordinación ollo-man, do mesmo xeito que un móbil para bebés axuda a estimular a vista; tamén convén que teña preto diversas formas de cores divertidas.

Un móbil multicolor GULLIGAST con animais, flores e formas, pendurado dun teito branco.
Un bebé recostado sobre unha manta branca tecida, baixo un colorido ximnasio para bebés LEKA de madeira e a carón dunha cortina branca.
Unha nai sostén o seu bebé cun bodi de lunares no colo; vese un axóuxere KLAPPA amarelo/negro ao seu carón.
Un bebé adorará todo aquilo que chame a súa atención. Coma este divertido axóuxere en forma de xirafa de cor amarela con manchas negras.

Malin UnnbornDeseñador de produtos

Mellorando as súas destrezas

A partir dos 6 meses, o teu bebé empezará a explorar todo ao seu redor; existen moitos xoguetes que o poden axudar no seu desenvolvemento, como un crebacabezas ou un libro que estimule as súas habilidades motoras. Non te preocupes se os leva á boca, son totalmente seguros.

Un cativo cuns vaqueiros azuis e un xersei verde sentado sobre unha alfombra gris xogando cuns vasos encastelables UPPSTÅ de cores.

Construtivismo e creatividade

Con 1 ano, a maioría dos nenos goza experimentando e descubrindo o que lles rodea. As estruturas, as cores e os padróns melloran a experiencia de xogo e aprendizaxe, como esta pirámide de aneis que estimula tanto o pensamento lóxico coma a creatividade.

Un neno cun xersei branco, sentado a carón dunha mesa branca, xoga cunha pirámide de aneis UPPSTÅ de varias cores.

Medrar con cada desafío

A etapa de bebé vai quedando atrás. Entramos de cheo na variedade de xoguetes para nenos de máis de 18 meses. Están especialmente deseñados para o xogo activo e o desenvolvemento das habilidades motoras finas, unha suxeición máis forte, o pensamento lóxico e a concentración.

Un cativo cun xersei estampado, sentado a carón dunha mesa branca, xoga cunha pirámide de aneis UPPSTÅ de varias cores.
Dous protectores de esquina UNDVIKA brancos nun bordo do taboleiro dunha mesa de centro branca, cunha morea de revistas debaixo.

Protexe os cantos e as esquinas

O teu fillo non deixará de explorar o seu fogar durante os primeiros anos de vida. Os pais deben ser conscientes de que toda precaución é pouca para evitar accidentes nesta aventura.

Velaquí todos os produtos de seguridade