Saltar

Como crear o mellor espazo de descanso para o teu bebé

O novo mundo ante os seus ollos é tan emocionante que quizais o último que lle apeteza ao teu bebé sexa durmir cando chega o momento. Pero a maioría dos bebés só precisan as condicións axeitadas para descansar, incluído algo de tempo para relaxarse. Velaquí algúns consellos para crear un espazo de descanso que fomente o sono do teu bebé. E, se o teu pequeno dorme mellor, significa que ti tamén!

Unha cadeira de brazos TULLSTA cunha funda Lofallet beixe, unha manta GULDVÄVARE e un coxín cunha funda rosa xunto a un berce SUNDVIK.
Unha cadeira de brazos TULLSTA cunha funda Lofallet beixe, unha manta GULDVÄVARE e un coxín cunha funda rosa xunto a un berce SUNDVIK.

1. Organiza a almacenaxe de xeito que o cuarto se manteña despexado

Quizais o repetimos moito, pero contar con boas solucións de almacenaxe é fundamental para pór orde.

E, como sabemos que os bebés precisan moitas cousas cando chegan ao mundo, deseñamos variedades de mobles a xogo onde gardar todo o básico para eses primeiros anos máis atarefados. Os mobles a xogo danlle un aspecto uniforme á estancia, algo que inflúe moito á hora de crear un espazo apracible e ordenado.

Cando xa teñas todo o importante no seu sitio, verás canto espazo che queda para as cousas máis divertidas. Seguramente será máis do que esperas.

Velaquí a serie SUNDVIK
Un armario SUNDVIK branco nun cuarto de bebé xunto a un berce SUNDVIK branco. Hai un mural de flores na parede de detrás.
Velaquí a serie SUNDVIK

2. Escolle un colchón cómodo.

Montar a zona de descanso do teu bebé é tan fácil como contar ata tres.

Primeiro, escolle un colchón. Todos os nosos colchóns de bebé son de firmeza media ou normal: perfectos para que os máis pequenos se sintan cómodos e teñan o apoio que precisan durante a noite.

Despois, engade un dos nosos protectores de colchón para que non se manche, aínda que se produza algún accidente.

Por último, pon unha saba de algodón 100%, como esta da nosa variedade GULDVÄVARE. Ao igual que toda a nosa roupa de cama para bebés, ten unha textura moi suave ao contacto coa pel delicada do teu bebé.

Velaquí todos os colchóns para berce
Un colchón de espuma para berce SKÖNAST nun berce SUNDVIK branco cunha saba axustable GULDVÄVARE azul pregada enriba.
Velaquí todos os colchóns para berce

3. A luz axeitada, desde as sestas diúrnas ata os biberóns nocturnos

Combina moitas fontes de luz diferentes para as diversas actividades que teñen lugar no cuarto do bebé. Escolle luces con atenuador para cambiar o ambiente da habitación a un modo máis relaxado. Intenta ter unha luz nocturna tenue preto do berce do bebé: será moi útil para darlle o biberón e cambiarlle o cueiro pola noite.

Velaquí toda a iluminación infantil
Unha lámpada LED de mesa SOLBO con forma de bufo de cor branca. A lámpada está acesa no peitoril dunha ventá na que hai unha cortina LENDA en branco óso cun nó.
Unha solución de almacenaxe de parede FLISAT con libros e unha lámpada LED de noite KORNSNÖ por enriba dunha cadeira de brazos TULLSTA cun coxín rosa enriba.
Velaquí toda a iluminación infantil

4. Cambia ao modo sono con sons suaves

Tanto se espertou con moita enerxía e queres relaxar o ambiente como se precisas axudalo a quedar durmido, un altofalante Bluetooth portátil pode ser moi útil.

Pon as túas cancións preferidas, arrolo, música suave ou mesmo ruído branco para axudalo a conciliar o sono ando chega a hora de baixar o ritmo antes de durmir. Ademais de resultarlle máis fácil quedar durmido, crearanse conexións positivas entre os sons tranquilos e a hora de durmir, algo que lle virá moi ben conforme medre.

Velaquí todos os altofalantes Bluetooth
Un altofalante VAPPEBY rosa resistente á auga pendurado dun colgadoiro HÖVOLM de carballo con 6 pomos xunto a unha manopla de baño e varias prendas de roupa.
Velaquí todos os altofalantes Bluetooth

5. Limpa o aire cun purificador de aire

Aínda que sexan invisibles para nós, o aire do interior do fogar pode estar cheo de partículas molestas, así que por que non melloras o espazo de descanso do teu bebé coa axuda dun purificador de aire? Filtra partículas como po, polen e axentes químicos para que o teu bebé e ti poidades respirar un aire máis limpo.

Para preparar a habitación, acende o purificador de aire un pouco antes do momento de durmir e así o teu bebé respirará un aire máis limpo.

Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire
Un purificador de aire FÖRNUFTIG branco nunha parede verde enriba dun andel con dúas caixas LEN en cor verde/gris clara e accesorios de bebé.
Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire

6. Estores opacos e cortinas para escurecer o ambiente

Como a luz intensa pode perturbar o sono do teu bebé, un estor opaco pode mellorar a súa rutina de descanso. Para terminar de vestir a fiestra e darlle un toque acolledor, engade unha cortina que se poida pechar por diante dos estores.

Conforme o teu fillo medre, podes cambiar as cortinas segundo os seus gustos sen que afecte á calidade da luz e, así, manter a súa rutina de descanso.

Velaquí todos os estores e cortinas
Un estor opaco FÖNSTERBLAD pechado diante dunha fiestra cunha lámpada LED de mesa SOLBO branca con forma de moucho no peitoril.
Velaquí todos os estores e cortinas

Consellos prácticos para solucións infantís intelixentes