Saltar
Máis de GULDVÄVARE serie

GULDVÄVARE Manta, azul/branco lunares, 80x100 cm

12,99€

Como conseguilo

Comprobando dispoñibilidade...
Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
GULDVÄVARE
205.302.92

Dálle a mellor das comodidades ao teu bebé durante a hora da sesta. Esta manta, suave e grosa, está feita de muselina de algodón orgánico con certificación GOTS e presenta dúas caras distintas: unha de cor sólida e a outra branca con lunares.

Características do produto
  • Algodón
Máis información
  • Material

    100% algodón

    Mantemento

    Encolle un 4% como máximo.

    Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

    Lavar xunto con prendas de cor similar.

    Non empregar lixivia.

    Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

    Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

    Non limpar en seco.

    Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

GULDVÄVARE Manta, azul/branco lunares, 80x100 cm

Opinións dos clientes

4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 65Valoración media
65Opinións
4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 65Valoración media
65Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Manta para bebés GULDVÄVARE, azul claro con puntos, algodón orgánico suave, rectangular, encaixa nunha bolsa, 35x45 polgadas.

Roupa para durmir como unha pedra

A primeira etapa dun bebé xira arredor da hora de durmir. Pode parecer que o teu bebé nunca dorme na hora que lle corresponde. Pero sabes que? Non pasa nada. Todos os bebés teñen as súas necesidades e peculiaridades. Todo consiste en afacerse, mostrarse abertos ós cambios e crear as mellores condicións para botaren unha soneca.

"Como pai ou nai recente, sei o fácil que é preocuparse polas horas de sono, ou a falta del. É algo completamente normal. Tamén é normal as crianzas teren diferentes necesidades e que estas cambien", di Anna Edlundh. Ela foi parte do equipo que creou os nórdicos e sabas GULDVÄVARE en algodón 100% orgánico con certificación GOTS, entre outros produtos, peluches e babadeiros.

Unha cama acolledora é o mellor comezo

"Para durmir ben, o primeiro paso é ter sabas suave e agradables ao tacto. O algodón é un material natural e transpirable, ideal para os momentos nos que o teu bebé poida pasar calor". A serie GULDVÄVARE inclúe deseños e bordados en cores sensibles e calmas que axudan a crear unha atmosfera acolledora na cama. Moitos bebés séntense máis seguros cun boneco de peluche ao seu carón. "Suxeitar algo que lles resulta familiar axúdaos a descansar e durmir mellor".

Coñece as rutinas do teu bebé

Outros trucos que poden servir de axuda son regular a intensidade da luz e reducir a temperatura do dormitorio. "Tamén é bo coñecer as rutinas do teu bebé cando chega a hora de durmir. Pode tratarse dun baño antes de ir á cama ou escoitar unha canción especial que o teu bebé recoñeza". E pode que chegue o momento de a rutina deixar de funcionar, iso é normal. Nese momento hai que mostrarse abertos e axustala un pouco. "Aínda que a forma de descansar cambie, do que podes estar seguro é que o teu bebé descansa todo o que necesita. Pero non esqueza que mesmo os pais necesitan descansar e durmir de vez en cando".

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de GULDVÄVARE serie