Saltar

Ideas de cuartos divertidos para nenos con moitas ideas propias

Cando hai dous nenos nun cuarto, a enerxía multiplícase por moito máis que dous. A imaxinación dos cativos é o mellor combustible á hora de xogar e, co permiso dos pais, as camas, os mobles e a decoración formarán parte do xogo. No fin de contas, as camas... ai, perdón! "Os barcos" están preparados para que os máis cativos naveguen pola terra dos soños.

Cuarto infantil con dúas camas brancas ao longo dunha parede cunhas ondas pintadas, un dosel LÖVA sobre as camas e xoguetes por todas as partes.
Cuarto infantil con dúas camas brancas ao longo dunha parede cunhas ondas pintadas, un dosel LÖVA sobre as camas e xoguetes por todas as partes.

Oes! Non lles contes que, nesta divertida planificación, a orde forma parte do xogo.

O crecemento persoal empezou en moitas ocasións con alguén dicindo "A que non es capaz de...?" Cos nenos, poden ser cousas como vestirse, atopar algo que se perdese ou ordenar un cuarto o antes posible. As solucións de almacenaxe intelixentes (e os pais) son a clave para que ordenar forme parte do xogo. Comezamos? "A que non es capaz de ordenar o cuarto antes de que conte ata dez?"

Velaquí o sistema SMÅSTAD
Módulos de almacenaxe SMÅSTAD e PLATSA nunha parede pintada con debuxos e unha casiña de bonecas FLISAT. O chan está pintado de azul como se fose o mar.
Dous nenos subindo a unha solución de almacenaxe SMÅSTAD para mirarse en espellos redondos con varios peiteados pintados arredor deles na parede.
Velaquí o sistema SMÅSTAD

Artigos tan divertidos como os nenos

Algúns produtos son máis queridos que outros, e estes son bos exemplos diso. Os pais e os nenos aprécianos por motivos diferentes, pero mentres toda a familia estea contenta...

Cativo xogando no chan sobre unha alfombra de ximnasia encartable PLUFSIG de cor verde intensa e unha cadeira de brazos xiratoria IKEA PS LÖMSK de fondo.
Parede con espellos redondos HÄNGIG en branco con peiteados, sombreiros e sorrisos debuxados arredor deles.
Cadeira de brazos xiratoria cunha capota que se pode baixar para ter intimidade. Coxín SKOGSDUVA con forma de flor.
Vídeo dunha cadeira/mesa infantil multiúsos SMÅSKRAKE que se xira constantemente para darlle distintos usos.
Primeiro plano dun circuíto de tren LILLABO con vías e bonecos.

Esta solución de almacenaxe xerou moitas expectativas

Non nos estraña. A solución de almacenaxe VITBJÖRN con caixón ofrece moita capacidade de almacenaxe, pero tamén pode servir de separador de ambientes. O tellado de cor vermella intensa pódese abrir por ambos os lados, así ninguén se pelexará por estar nun lado ou noutro. Tan simple como un cativo? Non, tan brillante como un cativo!

Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organización infantís
Solución de almacenaxe VITBJÖRN con caixón con forma de casa no centro dun cuarto infantil con xoguetes dentro e ao redor.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organización infantís

Quen dorme primeiro?

Pode ser unha competición na que ninguén queira gañar, pero despois dun longo día sempre senta ben arrouparse coa túa roupa de cama favorita. A cama extensible BUSUNGE aumenta o seu tamaño para adaptarse a nenos de diferentes idades e estaturas.

Velaquí todas as camas infantís
Dous nenos preparándose para durmir en camas extensibles BUSUNGE cos pés dunha mirando para os da outra.
Velaquí todas as camas infantís

É moito máis que un cuarto; é unha zona de xogo con infinitas posibilidades.

Os nenos están cheos de enerxía, entre outras razóns, porque viven no momento e dominan a arte de recargar as pilas. A quen non lle gustaría durmir cunha historia sobre os océanos e espertar cos raios do sol, unhas follas verdes e unha estación de tren no cuarto? Para calquera neno, a imaxinación forma parte do seu día a día, e os soños e as posibilidades son infinitos. Deixa que che inspire o neno que levas dentro.

Vista dun cuarto infantil de día con xoguetes por todas as partes, camas de fondo e unha solución de almacenaxe LILLABO en primeiro plano.

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos