Saltar

VITBJÖRN Unidade de almacenaxe con caixón, branco/vermello, 80x55x78 cm

129€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
VITBJÖRN
605.371.78

Nesta casa, as e os máis pequenos poderán gardar a roupa no tellado e os xoguetes no andar principal. Inclúe un caixón rodante extraíble onde recoller todo ao acabar de xogar.

Máis información
VITBJÖRN Unidade de almacenaxe con caixón, branco/vermello, 80x55x78 cm

Opinións dos clientes

4.2Recensión: 4.2 de 5 estrelas. Revisións totais: 21Valoración media
21Opinións
4.2Recensión: 4.2 de 5 estrelas. Revisións totais: 21Valoración media
21Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas por este produto

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Almacenamento para nenos VITBJÖRN con caixón grande, branco, taboleiro de fibra, perfecto para habitacións pequenas.

Almacenaxe para crianzas

Canto custa manter a orde nun dormitorio infantil! Para conseguilo, unha das opcións é utilizar solucións de almacenaxe que lles resulten divertidas e graciosas. A almacenaxe VITBJÖRN semella unha casa clásica por fóra, pero por dentro está chea de xoguetes, roupa e outras cousas que precisan un sitio de seu.

Os mobles de almacenaxe infantís teñen que ser funcionais, estables e seguros, porque a seguridade é a nosa prioridade. Mais isto non implica necesariamente que todos teñan que ser como as clásicas cómodas ou roupeiros. Sempre estamos na procura de novas solucións seguras e divertidas, e así naceu VITBJÖRN, con forma de casa clásica co tellado vermello. "Ten unha forma facilmente recoñecible por todo o mundo", di o deseñador Charlie Styrbjörn.

A inspiración vén dos xeados

VITBJÖRN é un moble baixo e robusto. Incorpora un caixón sobre rodas na parte inferior e almacenaxe detrás das portas escorregadizas que hai debaixo do tellado da casa. Se colocas o VITBJÖRN no medio da estancia ou co lado máis curto contra a parede, poderás acceder ao caixón e ao espazo de almacenaxe superior desde calquera dos dous lados. A inspiración para crear as portas escorregadizas vén da propia infancia de Charlie. "Encántanme as tampas escorregadizas que hai nos conxeladores das xeadarías e como hai que tirar delas para chegar ao prezado xeado". O divisor no medio da almacenaxe superior axuda manter a orde e evita que as crianzas máis curiosas fagan das súas.

Un sitio para as súas cousas

Extrae completamente o caixón e converte o espazo do fondo nun garaxe para coches de xoguete, nun mundo de dinosauros ou talvez nunha cabana secreta. E cando acaben de xogar, abonda con volver a pór o caixón no seu sitio. "Agardo que VITBJÖRN lles abra o apetito de xogar, pero que tamén represente un paso adiante para facerse responsables das súas cousas. Un espazo exclusivo e de seu".

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de

Accesorios para VITBJÖRN