Saltar
Máis de Colección SKOGSDUVA

SKOGSDUVA Funda nórdica e funda almofada

19,99€

Complétao con

Manta de tecido reciclado branco dobrado, quilted, deseño sinxelo.

SMÅSPORRE Edredón 4 estacións, 150x200 cm

49,99€
  • 4 estacións
  • Poliéster

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
SKOGSDUVA
405.768.30

Nesta funda nórdica de suave algodón e viscosa con debuxo a ambos os lados, a londra nada coa súa cría mentres a o lince as mira. Os ourizos recóllense na árbore cunha fogueira no seu acubillo de inverno.

Características do produto
  • Algodón/Viscosa
  • Número de fíos: 190 /inch²
Máis información
Cama infantil con piñeiro SKOGSDUVA.

Opinións dos clientes

4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 63Valoración media
63Opinións
4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 63Valoración media
63Opinións

Accesorios para SKOGSDUVA

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cama infantil con piñeiro SKOGSDUVA.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Máis información

Material

Algodón suave e viscosa lustrosa

Os nórdicos de algodón/viscosa ofrecen un equilibrio harmonioso entre confort e durabilidade. O algodón suave é unha fibra natural transpirable e absorbe a humidade, mentes que a viscosa, de polpa de celulosa, é suave como a seca, seca rápido e presenta un fermoso lustre. Xuntas dan como resultado un nórdico resistente e fácil de lavar que regula a temperatura corporal de maneira natural e ademais, grazas a elas, a túa filla ou fillo durmirán comodamente durante toda a noite. Doces soños!

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección SKOGSDUVA