Saltar

Ideas de almacenaxe elegantes para un dormitorio de estilo minimalista

Non é preciso ser un minimalista devoto para aproveitar ben as ideas minimalistas de almacenaxe e facer que o teu dormitorio estea máis limpo e sexa máis apracible. As portas discretas dun sistema de almacenaxe pechada intégrano coa parede, e as cortinas fan desaparecer a almacenaxe aberta e deixan máis espazo para amosar a túa personalidade.

Un dormitorio cunha cama sobre unha alfombra gris e beixe, un espello LINDBYN de parede e armarios IVAR de piñeiro debaixo das xanelas.
Un dormitorio cunha cama sobre unha alfombra gris e beixe, un espello LINDBYN de parede e armarios IVAR de piñeiro debaixo das xanelas.

Almacenaxe aberta pero oculta.

Ao poñer cortinas diante dun espazo de almacenaxe aberta, poderás facer que todo desapareza con só tirar delas. Se che parece unha boa opción, elixe unha tea rechamante. E, se te cansas, resultarache moi sinxelo renovalas e cambialas por algo máis discreto.

Velaquí todas as teas e accesorios de costura
Cortinas feitas con tea SOFIA de raias en branco e negro colgadas diante dunha combinación de almacenaxe BOAXEL branca xunto á cama.
Velaquí todas as teas e accesorios de costura

Espazo para algo máis que o teu reflexo

As formas de organizar as cousas pequenas sempre crean certa orde, como este espello con andeis e ganchos ocultos detrás da parte dianteira. É perfecto para ter a maquillaxe e outros accesorios á man, pero fóra da vista.

Velaquí todos os espellos
Un espello LINDBYN negro con almacenaxe que contén varios accesorios xunto a tres ganchos de parede cunha blusa nunha percha branca.
Un espello LINDBYN negro montado na parede cun espazo de almacenaxe con maquillaxe nos andeis que se agochan detrás da parte dianteira.
Velaquí todos os espellos

Armarios ocultos á vista

Unha ringleira completa de armarios con portas brancas case dá a impresión dunha parede núa. Personaliza o interior con andeis, guías, cestas e caixas para ter espazo suficiente para manter máis que a roupa e a roupa de cama organizadas e sen po.

Velaquí todos os armarios
Un armario PLATSA con doce portas, cunha toalla de baño amarela colgada dunha porta aberta con roupa de cama no interior.
Velaquí todos os armarios

Almacenaxe práctica e natural

O espazo debaixo das xanelas adoita quedar sen utilizar, por iso é excelente para engadir almacenaxe. Os armarios con portas corredizas son de doado acceso, incluso en espazos estreitos, e a madeira sen tratar é un bo xeito de conseguir un toque natural.

Velaquí todos os sistemas de almacenaxe
Armarios de parede IVAR de piñeiro debaixo dunha xanela cun floreiro de vidro KONSTFULL verde, unha caixa de madeira e unha lámpada de mesa na parte superior.
Velaquí todos os sistemas de almacenaxe