Saltar

Como escoller un edredón

Precisas un edredón novo, pero non sabes por onde empezar? Con esta guía sinxela, é moi fácil elixir o compañeiro de soños ideal. Axudarémosche a atopar un edredón que ofreza a calidez, o tamaño e o confort axeitados para a túa forma de durmir, para que descanses ben e te ergas con enerxía pola mañá.

Primeiro plano dunha cama tapizada de cor rosa claro con roupa de cama en amarelo claro e rosa escuro cun edredón e unha almofada brancos enriba.
Primeiro plano dunha cama tapizada de cor rosa claro con roupa de cama en amarelo claro e rosa escuro cun edredón e unha almofada brancos enriba.

Vantaxes dos edredóns de materiais naturais

Transforma as túas noites de descanso cun edredón de materiais naturais. Estes edredóns ofrecen confort e son moi beneficiosos para a túa rutina de sono. 

 

  • Confort personalizado: os recheos naturais, como a penuxe, as plumas e a la, adáptanse ao corpo e ofrecen un confort a medida segundo os teus movementos e postura ao durmir.
  • Uso todo o ano: grazas á súa capacidade de adaptarse á temperatura do corpo e aos cambios ambientais, son perfectos para usalos todo o ano, dende invernos fríos ata veráns máis calorosos.
  • Control da humidade: eliminan a humidade de forma natural para manter a sequidade e comodidade toda a noite, unha vantaxe para esas persoas que adoitan suar cando dormen.
  • Mantemento sinxelo: estes edredóns pódense lavar na lavadora, o que facilita a súa limpeza e axuda a conservar a súa calidade co tempo.

Velaquí os edredóns de materiais naturais
Un edredón cálido STJÄRNBRÄCKA dobrado sobre un colchón gris nun cuarto escuro preto dunha ventá cunha planta no peitoril.
Velaquí os edredóns de materiais naturais

Vantaxes dos edredóns de poliéster

Nos nosos edredóns de poliéster, combinados con materiais naturais como o algodón e o lyocell, únense o confort e a comodidade, polo que son moi populares. Pódense lavar na lavadora e o seu mantemento é sinxelo. Outras vantaxes importantes son:

 

  • Hipoalerxénicos: unha gran opción para as persoas alérxicas, xa que as fibras sintéticas son menos propensas a atraer os ácaros e outros alérxenos.
  • Calidez lixeira: goza dun descanso agradable sen o peso dos edredóns tradicionais. Son ideais para as persoas que prefiren un edredón máis lixeiro.
  • Durabilidade: as fibras de poliéster son resistentes e conservan a súa forma co tempo, polo que garanten unha duración e calidade a longo prazo.

Velaquí todos os edredóns de poliéster
Dormitorio cun edredón branco colgando dos pés dunha estrutura de cama GJÖRA ata un chan de madeira. Mesa de noite BJÖRKSNÄS.
Velaquí todos os edredóns de poliéster

Como elixir o tamaño do teu edredón ideal

Un edredón cun tamaño axeitado non só debe encaixar coa propia cama, senón co que é cómodo para ti. Tanto se dormes con compañía como se non, hai un tamaño de edredón para cada persoa. Oíches falar do costume escandinavo de usar edredóns individuais nas camas compartidas? Podería ser a mellor solución no teu caso.

 

  • Adapta o tamaño do edredón á cama e ao corpo: deberás ter en conta tanto o tamaño da túa cama como o do teu corpo. Un edredón máis grande cobre máis e resulta máis cómodo, sobre todo se es unha persoa alta ou prefires un espazo extra.
  • Edredóns individuais ou compartidos: se compartes cama, deberás pensar se prefires un edredón grande individual ou o concepto escandinavo de dous edredóns independentes. Deste xeito, pódense satisfacer diferentes preferencias de calidez e espazo.
  • Influencia nos hábitos de sono: o tamaño do edredón debe adaptarse ao teu xeito de durmir. Se adoitas moverte moito, un tamaño máis grande podería evitar as correntes de aire. Para quen non se move, un tamaño máis pequeno podería ser ideal.

Velaquí todos os edredóns
Un edredón fresco SMÅSPORRE dobrado enriba dunha cama sen facer nun cuarto branco a carón dunha ventá cun floreiro no peitoril.
Velaquí todos os edredóns

Coida o teu edredón

Un edredón ben coidado é clave para pasar unha noite agradable e durmir ben. Sigue estes sinxelos pasos para manter limpo e cómodo o teu edredón durante moito máis tempo.

 

  • Elixe deterxentes sen produtos químicos fortes nin lixivia. Así protexerás as fibras e o recheo do edredón e garantirás que siga sendo suave e agradable.
  • Sacude o edredón con frecuencia para redistribuír o recheo e evitar acumulacións co fin de manter un grosor homoxéneo e cómodo.
  • Algunhas veces esqueces facer a cama? Non pasa nada! Ao airear a roupa de cama, poderás eliminar os ácaros e outros alérxenos, e conseguir un ambiente de descanso máis saudable.

Unha persoa cunha camisa branca e unha saia vaqueira sostén unha bolsa para roupa PURRPINGLA beixe con roupa de cama branca.

Buscas máis consellos para mellorar o teu dormitorio?