Saltar

Como elixir unha mesiña de noite

Aínda que sexa pequena, inclúe moitas opcións e funcións. Se elixes ben, mellorará a túa rutina cando te deites e te ergas; se non, estorbará tanto de día como de noite.

Primeiro plano dunha mesiña de noite RÅDMANSÖ de cor nogueira cun par de obxectos e unha lámpada con altofalante Bluetooth BLOMPRAKT enriba.

O teu soño é encaixar ou destacar?

Retrocede un par de pasos e bótalles unha ollada á cama e ao espazo que a rodea. Que necesitan? Algo que chame a atención e achegue algunha forma ou cor alegres ao conxunto? Ou algo que encaixe á perfección? Ti elixes. Ademais, lembra que se queres poñer mesiñas nos dous lados da cama, non teñen por que ser iguais.

Pasa pola parte de atrás

Se vas colocar a cama e a mesiña no medio do cuarto, no canto de poñelas contra a parede, é mellor que elixas unhas que teñan bo aspecto dende calquera ángulo. RÅDMANSÖ é un bo exemplo, grazas ás súas elegantes liñas e o seu cálido ton en nogueira que se estenden por todas partes.

Un plano da parte traseira dunha estrutura de cama e unha mesiña de noite RÅDMANSÖ, no que destacan os detalles que fan que sexan tan bonitas por diante como por detrás.
Primeiro plano dunha mesiña de noite RÅDMANSÖ de cor nogueira cun par de obxectos e unha lámpada con altofalante Bluetooth BLOMPRAKT enriba.

Tes algo que agochar?

Non todas as mesiñas de noite teñen caixóns, porque non sempre son necesarios. Porén, se cando vas durmir queres ter á man as lentes de ler, a crema hidratante, un bolígrafo, cacao para os beizos, gomas do pelo, os teus auriculares, tapóns para durmir e calquera outra cousa, talvez o mellor é que elixas unha mesiña cun caixón polo menos.

Mesiña de noite branca á beira dunha cama tamén branca, cunha cesta na balda inferior, e mais unha lámpada e un vaso de auga enriba.

O segredo das rodas

Hai tempo que se inventaron, e o mundo enteiro coñece o avance que supoñen as rodas, así que non é un segredo tan grande. Se estás a procurar unha mesiña de noite que poida moverse con facilidade a calquera parte do cuarto, opta por unha con rodas. Así de sinxelo.

Primeiro plano dunha mesiña de noite VIHALS cunha caixa DRÖNA dentro, colocada preto dun diván BRIMNES.

Sen cables non hai caos

Grazas á organización de cables integrada, a túa mesiña de noite parecerá ordenada aínda que teñas varias cousas enchufadas. STOMSÖ é só un dos nosos modelos con canles ocultas na parte de atrás para que poidas pasar os cables da lámpada ou o cargador. Así, cargar as pilas non implicará ter a mesiña desordenada.