Saltar

Oito xeitos de organizar un toucador

Cun toucador fóra do cuarto de baño terás a maquillaxe separada dos cepillos de dentes e simplificarás as túas rutinas de maquillaxe. Adáptao ás túas necesidades utilizando intelixentemente o espazo: canto máis compacto sexa, máis doado será integralo.

Un espello sobre un peitoril, cunha lámpada de mesa, unha póla nun floreiro e un altofalante Bluetooth.
Un espello sobre un peitoril, cunha lámpada de mesa, unha póla nun floreiro e un altofalante Bluetooth.

Un espello con todo o esencial

Se o pensas ben, o único realmente importante para te maquillares é un espello e unha boa iluminación, polo que un espello de toucador con luz integrada é o lugar perfecto polo que comezar, especialmente se buscas unha solución compacta.

Velaquí todos os espellos de toucador
Espello STORJORM con iluminación integrada, un estante cunha lámpada de mesa e bandexas de bambú xunto dunha cadeira ODGER branca e beixe.
Velaquí todos os espellos de toucador

Espello + almacenaxe + iluminación

Este espello de cuarto de baño é a solución perfecta para un toucador intelixente, xa que tes espello, capacidade de almacenaxe e iluminación nun único produto. Pon un estante embaixo e farás a túa rutina de maquillaxe moito máis sinxela.

Velaquí todos os espellos con luz
Armario con espello STORJORM branco con iluminación integrada nunha parede con cadros e unha unidade de almacenaxe en antracita.
Velaquí todos os espellos con luz

Un recanto de teu

Cun escritorio de bambú, un espello elegante e unha cadeira cómoda cun puf repousapés, o teu toucador pode ser tamén o lugar perfecto para desconectar e tomar unha infusión. E non esquezas as lámpadas axeitadas para darlle o toque elegante.

Velaquí todas as lámpadas de parede
Cadeira de brazos e un toucador NORDKISA en bambú cun espello LANGESUND gris escuro enriba.
Velaquí todas as lámpadas de parede

Un toucador a outro nivel

Se es das persoas que se peitean e maquillan durante horas, non te cortes. Permítete o luxo de ter un escritorio con espazo de almacenaxe dabondo, unha cadeira cómoda na que sentar durante horas e un grande espello que te encha de luz.

Velaquí todos os escritorios para casa
Grande espello rectangular con lámpadas LEDSJÖ de aceiro inoxidable sobre un escritorio MICKE branco cunha cadeira xiratoria beixe.
Velaquí todos os escritorios para casa

Pon un minitoucador en calquera sitio

Aproveita o peitoril para poñer un espello e crear un toucador reducido. É unha solución perfecta para maquillarte con luz natural. Engádelle un foco, un espello de aumento e un carriño para telo todo á man.

Velaquí todos os espellos de aumento e para maquillaxe
Peitoril cun espello TRENSUM e lámpada de mesa branca xunto dun carriño da mesma cor.
Velaquí todos os espellos de aumento e para maquillaxe

Elegancia e dobre funcionalidade

Cos accesorios e os mobles axeitados, o teu toucador pode fusionarse perfectamente nun dormitorio de estilo clásico e funcionar como toucador ou como mesa de noite. Move a lámpada para utilizala tamén cando queiras ler na cama.

Velaquí todos os focos de parede
Repousapés verde escuro e escritorio LOMMARP beixe cun espello e dous focos de parede RANARP cor óso xunto unha cama.
Velaquí todos os focos de parede

Compoñerse con estilo

Pon unha estación elegante e compacta no dormitorio para afeitarte e peitearte. Un carriño será fundamental para teres todo o que precises ben organizado e á man. Cando remates, só terás que movelo para un lado.

Velaquí todos os carros para baño
Carriño NISSAFORS negro e cadeira azul con estrutura cromada xunto un estante marrón e negro cun espello redondo e lámpadas de parede brancas.
Velaquí todos os carros para baño

E por que non no recibidor?

Un espello, unha boa iluminación e algo de espazo de almacenaxe caben en case calquera recibidor. Voilà! Velaí tes un pequeno toucador xusto onde o precisas para comezares ben o día.

Velaquí todos os estantes de parede
Estante con caixóns EKBY ALEX branco con produtos de maquillaxe enriba, un espello con marco branco e luces de parede a cada lado.
Velaquí todos os estantes de parede