Saltar

4 ideas para inspirarte e facilitarche a procura dunha cómoda

A cómoda perfecta pode ser algo máis ca un lugar práctico e cómodo no que gardar a roupa, os accesorios e os cachifallos. Tamén pode ser un moble rechamante que proporcione carácter e elegancia ao teu dormitorio. Deseguido, dámosche algunhas ideas sobre en que fixarte ao escoller unha cómoda nova apropiada para o teu lar.

An oak veneer DVÄRGSYREN mirror
An oak veneer DVÄRGSYREN mirror

1. Valora se queres que a cómoda se integre ou destaque

Para conseguir un resultado simple, opta por unha cómoda que vaia a xogo en cor e materiais co resto do dormitorio. Se xa tes mobles dalgunha serie IKEA, podes combinalos con precisión. Para apostar por algo máis atrevido, decántate por unha cómoda que destaque sobre o resto da decoración.

Un carrusel de tres imaxes que van cambiando entre distintos interiores (de cor clara, gris e escura); nelas, a cor das cómodas combina coa de cada interior.

2. Dedica un minuto a explorar os pomos e patas que resaltan o estilo

Merece a pena valorar que pomos ou tiradores queres para as frontes de caixón. Ou se prefires un estilo limpo e liso sen adornos de ningún tipo. Algunhas cómodas teñen patas e outras apóianse directamente no chan. A miúdo, ambos os dous tipos pódense axustar para adaptarse a un chan irregular.

Un espello LINDBYN negro con almacenaxe pendurado dunha parede beixe enriba dunha cómoda BJÖRKSNÄS de bidueiro con 5 caixóns nun chan branco.

3. Asegúrate de que a túa cómoda caiba onde ti queiras

Dá igual o grande ou pequeno que sexa o espazo: seguro que hai unha ou dúas cómodas IKEA que se adaptan á perfección. Só tes que comprobar ben as medidas e as posibles obstrucións na parede antes de mercala. Lembra que precisarás espazo suficiente para sacar por completo os caixóns unha vez que a cómoda estea montada.

Dúas cómodas HAUGA brancas de 3 caixóns cunha lámpada de traballo SKURUP negra, dúas caixas de almacenaxe con tapa e outros artigos enriba.

4. Planifica o que porás enriba da cómoda.

Hai varios xeitos de aproveitar a superficie plana da cómoda do teu dormitorio. Quizais queiras manter o espazo despexado para poñer a roupa limpa. Tamén podes decoralo con lembranzas e adornos. Outra posibilidade é engadir unha lámpada, un espello e accesorios para crear mesmo un práctico toucador.

Velaquí todos os espellos
Un espello VRIGSTAD nunha parede con papel floral enriba dunha cómoda HEMNES branca con 3 caixóns sobre a que hai unha lámpada de mesa TÄLLBYN.
Velaquí todos os espellos
Unha persoa fixando á parede unha cómoda VIHALS branca de 4 caixóns, xunto a un espello pendurado nunha parede verde e un colgadoiro de carballo con 6 pomos.

Cómoda VIHALS con funcións de seguridade integradas

As cómodas VIHALS ofrecen a función de seguridade de fixación e desbloqueo. Ata que se fixa á parede, o uso do moble está limitado como recordatorio práctico de que hai que fixalo axeitadamente para ter un fogar máis seguro.

Velaquí a serie VIHALS