Saltar

Un santuario acolledor de estilo Japandi

Este dormitorio, apracible e a xogo con toques de estilo Japandi. O estilo relaxado e minimalista, con moita madeira e cor branca, crea un ambiente sosegado, e os motivos e materiais naturais fan que estea en sintonía coa natureza.

Unha cama con almacenaxe TONSTAD de chapa de carballo con roupa de cama KUNGSCISSUS nun dormitorio con colgadoiros con pomos nunha parede.
Unha cama con almacenaxe TONSTAD de chapa de carballo con roupa de cama KUNGSCISSUS nun dormitorio con colgadoiros con pomos nunha parede.

Roupa de cama: calma, coordinación e confort

A roupa de cama axuda a sentirte cómodo para durmir ben e tamén ten un grande impacto visual, como o efecto de coordinación e calma que aquí se amosa. Ademais, nos catros caixóns desta cama podes gardar a roupa de cama para renovar o estilo, un coxín para maior comodidade durante a lactación ou mantas.

Mesa de noite TONSTAD á beira dunha cama con almacenaxe TONSTAD con roupa de cama KUNGSCISSUS, un coxín e unha manta LAPPTÅG.
Unha manta LAPPTÅG sobre unha cama TONSTAD con almacenaxe. Nun dos caixóns da cama hai un coxín e unha manta VALLKRASSING.

Mobles que che axudan a descansar

Unha cómoda cadeira de brazos vén moi ben para devorar un libro ou simplemente para descansar un chisco. A madeira clara da cadeira de brazos realza o estilo Japandi.

Unha cadeira de brazos de respaldo alto VEDBO cunha manta nun dos brazos, situada nunha esquina a carón dunha cama e un moisés ÄLSKVÄRD con colchón.

Poñémoscho fácil á hora de durmir coa nosa gama de produtos domóticos

Serache moi fácil cambiar este cuarto nun intre, sen saír da cama. Queres pechar os estores para durmir mellor ou queres axustar unha lámpada para relaxarte? Prefires acender o purificador de aire para respirar un aire máis limpo toda a noite? Podes facer todo isto coa nosa gama de produtos domóticos e a aplicación IKEA Home smart.

Velaquí todos os produtos domóticos
Velaquí todos os produtos domóticos

Almacenaxe de roupa en harmonía natural

Atemporal e elegante, a chapa de carballo cepillada deste armario achega un toque natural. Combina á perfección con outros mobles, como a cómoda, para crear un apracible estilo Japandi. Dentro tamén abunda a harmonía grazas aos organizadores de interior que axudan a que as pezas de roupa e os zapatos estean ordenados e sexan fáciles de atopar.

Velaquí o sistema PAX
Unha cómoda TONSTAD de 4 caixóns de chapa de carballo xunto a un armario PAX/TONSTAD con dúas portas de chapa de carballo e unha porta de vidro.
Velaquí o sistema PAX

Un oasis de tranquilidade con estilo relaxado e minimalista

Coa chapa de carballo e a roupa de cama de cor verde e branca inspirada na natureza, a cama é o eixe central deste cuarto influenciado polo estilo Japandi. As cores claras, os materiais naturais e un enfoque sinxelo e minimalista contribúen a definir o estilo en todo o espazo e crear un ambiente apracible.

Velaquí a serie de baño TONSTAD
Un dormitorio cunha cama con almacenaxe TONSTAD de chapa de carballo con roupa de cama KUNGSCISSUS preto dunha alfombra STOCKHOLM de raias.
Velaquí a serie de baño TONSTAD