Saltar

O deseño inspirado na natureza crea un exuberante refuxio

Encántanche as plantas e o estilo escandinavo, pero tes pouco espazo? A clave está en colocalas nunha soa zona e non poñer demasiadas. Neste cuarto biofílico, coidadosamente organizado, combínanse cores naturais e almacenaxe práctica para adecualo ao teu ritmo as 24 horas. Todo está integrado de xeito sinxelo, xa sexa para durmir, relaxarte ou coidar das túas plantas.

Un diván BRIMNES branco con 2 caixóns nun cuarto branco e verde cunha mesa de centro GARNANÄS verde no chan de diante.
Un diván BRIMNES branco con 2 caixóns nun cuarto branco e verde cunha mesa de centro GARNANÄS verde no chan de diante.

Un recuncho de almacenaxe para a roupa

O armario BRIMNES converterase na estrela do teu roupeiro: este armario roupeiro é sorprendentemente amplo e ten espazo para todo. Queres dividir o interior un pouco máis? Engade accesorios SKUBB! Para rematar, poder poñer caixas de almacenaxe enriba para ter á man as prendas ocasionais e de outras tempadas.

Velaquí todos os armarios roupeiros
Un armario BRIMNES branco con 3 portas ao lado dun diván BRIMNES cunha manta KLIPPOXEL azul e varios coxíns enriba.
Un armario BRIMNES branco con 3 portas, unha delas aberta para amosar prendas de roupa penduradas dentro. Hai dúas bolsas de almacenaxe STUK enriba.
Velaquí todos os armarios roupeiros

Baixa o ritmo cunha cortina

Ás veces, só precisas unha cortina para trasladarte a outro mundo. Especialmente se, ademais de fiestras, cobre toda a parede. Porás fin á desorde e, ao quedar por detrás da cortina, as plantas seguirán recibindo a luz do sol, aínda que ti non a queiras. Unha solución téxtil que te invitará a relaxarte ao instante nun cuarto bastante acolledor.

Como toque final, engade a mesa de centro GARNANÄS con rodas para gozar da almacenaxe adicional e sumar outro toque de verde ao que xa achegan as plantas as 24 horas.

Velaquí todas as cortinas
Unha cortina feita de tea precortada VARGTÖREL negra/branca cubrindo a parede dun pequeno cuarto cun diván BRIMNES.
Velaquí todas as cortinas

Unha cama con varias funcións

De ver unha película no sofá a acomodarte na cama ao instante: o diván BRIMNES é un versátil camaleón que podes transformar facilmente segundo as túas necesidades. Podes gardar a roupa de cama e outros artigos básicos e téxtiles nos amplos caixóns para telo todo á man, pero sen molestarte no día a día.

Velaquí todos os diváns e camas supletorias
Un caixón aberto dun diván BRIMNES branco con 2 caixóns, onde se garda roupa de cama SLÅNHÖSTMAL de raias brancas e negras dobrada.
Un diván BRIMNES branco con 2 caixóns aberto como cama dobre, coa roupa de cama SLÅNHÖSTMAL de raias brancas e negras enriba.
Velaquí todos os diváns e camas supletorias

Solucións de almacenaxe abraiantes

Independentemente do que queiras gardar no teu cuarto (dende equipos de traballo ata ferramentas de xardinaría), busca a solución en lugares inesperados. Se optas por un carriño, non tes por que asignarlle un sitio fixo, xa que podes ir movéndoo segundo as túas necesidades ou deixalo aparcado xunto á parede.

Tamén podes aproveitar o espazo de parede detrás da cortina para crear unha zona de almacenaxe onde gardar os obxectos que usas a diario. Cando te canses de velos, so terás que pechar a cortina e dedicar a túa atención a calquera outra cousa.

Velaquí todos os carriños
Un estante BRÄNNBOLL branco con rodas cun portátil enriba diante dunha cortina feita de tea precortada VARGTÖREL.
Velaquí todos os carriños

Fai sitio para as plantas

Sexa cal sexa o tamaño de teu espazo, incorporar varias plantas frondosas pode darlle vida. Usa plantas para crear un oasis de calma onde poidas relaxarte e desconectar ao final dun día atarefado. Seguro que a exuberante vexetación te inspira.

Ponas nos andeis de enriba e deixa que as súas formas orgánicas se convertan no centro de atención para que ninguén se fixe no que gardas debaixo. Converteranse nun recordatorio diario do bonita que é a natureza.

Velaquí todos os testos e plantas
Unha mestura de plantas de interior nun andel en diversos testos, incluído o testo MUSKOTBLOMMA cun prato xunto a unha lámpada de mesa SPETSBOJ.
Velaquí todos os testos e plantas

Un armario perfecto para espazos reducidos

Bota unha ollada á solución de almacenaxe TRONES, que queda igual de ben no recibidor que no cuarto. Se a pos na parede dunha habitación pequena, TRONES causa sensación sen ocupar demasiado espazo, grazas á súa pouco profundidade.

Iso si, que sexa pouco profunda non significa que sexa pequena: os caixóns de acceso sinxelo son sorprendentemente amplos, perfectos para gardar prendas pequenas, como roupa interior ou accesorios. Agrupa varios armarios xuntos na parede para realzar o estilo e potenciar a capacidade de almacenaxe.

Velaquí todos os zapateiros
Dous zapateiros con almacenaxe TRONES en cor branca cun caixón aberto xunto a un zapateiro con almacenaxe TRONES en cor negra. Todos están pegados á parede.
Velaquí todos os zapateiros

A beleza das pequenas cousas nun cuarto de deseño biofílico

O segredo deste espazo despexado radica na suma das súas partes, como o diván despregable, a parede cuberta por unha cortina, os armarios de parede e a mesa de centro móbil GARNANÄS.

Todo se aproveita ao máximo para ampliar as posibilidades do espazo, tanto na forma como na funcionalidade. O resultado? Un espectáculo visual que te alegrará os días e as noites.

Velaquí todas as mesas de centro
Un cuarto luminoso cunha mesa de centro GARNANÄS ao lado dun diván BRIMNES e unha lámpada colgante ZEBRASÄV pendurada do teito.
Velaquí todas as mesas de centro