Saltar

Ideas para un dormitorio ordenado en madeira escura que transmite lixeireza.

Pode parecer un hotel, pero é un fogar. O estilo combinado por cores das unidades de almacenaxe RÅDMANSÖ é a clave para aumentar a sensación de sosego. Entrar a este dormitorio cando chegas a casa é como gozar dunhas pequenas vacacións no final do día: só tes que entrar, relaxarte e recuperar folgos.

O lateral dunha cama, unha mesa de noite RÅDMANSÖ e un armario PAX MEHAMN en madeira escura e portas corredizas no fondo.

Un clásico en funcionalidade e estilo

Hai unha razón pola que as cómodas manteñen a mesma funcionalidade e estética desde hai décadas: porque sempre foron así de prácticas. Simplemente, non hai nada mellor para ter moita capacidade de almacenaxe nun moble pequeno. Ademais, podes pórlle detalles decorativos ou máis caixas de almacenaxe enriba.

Velaquí todas as cómodas
Un dormitorio co chan azul e paredes brancas. O foco está posto na cómoda RÅDMANSÖ con efecto nogueira, cun espello por riba e obxectos decorativos enriba.
Primeiro plano dunha cómoda RÅDMANSÖ cun caixón aberto no que se pode ver a cor azul do interior e o pequeno tirador de latón.
Velaquí todas as cómodas

Como planificar un armario facilmente

Despreocúpate e deixa a planificación en mans dos profesionais. Este armario PAX MEHAMN está completo cunha combinación de andeis, caixóns e barras para a roupa. Xa está ordenado e disposto. Obviamente, é posible adaptar a combinación para satisfacer as túas necesitades e completala con distintos tipos de iluminación.

Explora PAX
Un dormitorio cunha cómoda e unha mesiña de noite RÅDMANSÖ, ademais dun armario PAX MEHAMN no fondo. Todo en madeira escura.
Primeiro plano dun armario con portas corredizas; un dos caixóns do interior está aberto e ordenado con caixas KOMPLEMENT.
Explora PAX

Hai unha cómoda perfecta para cada espazo e lugar

Se temos en conta o pequenas que son, é incrible como pode cambiar o aspecto e o ambiente dunha estancia cunha simple bombilla. Asegúrate de acompañar a fonte de iluminación principal con outras máis pequenas. Para conseguir un bo equilibrio na estancia sen romperes a cabeza, planifica unha iluminación distinta para cada zona en función da actividade que se vaia realizar. Para rematar, mais non por iso menos importante, a máis iluminación de intensidade regulable, maior facilidade para conseguir a iluminación adecuada para cada momento do día.

Un recanto apracible nun dormitorio, con dúas cadeiras de brazos e distintas fontes de iluminación, como unha lámpada de pé STOCKHOLM 2025.

Nótalo?

A roupa de cama ofrece algo máis que abrigo e comodidade: tamén inflúe no ambiente. Por exemplo, a colcha SKOGSKOVALL ten un estampado azul que transmite calma e elegancia. Ao combinares distintos tipos de téxtiles de cama, permites regular a temperatura no dormitorio ao tempo que lle das un aspecto fantástico.

Velaquí toda a roupa de cama
Primeiro plano dun feixe de almofadas diferentes en azul escuro e branco sobre unha cama cunha colcha SKOGSKOVALL azul.
Velaquí toda a roupa de cama

Espelliño, espelliño...

Este espello é fermosísimo, aínda sen o teu reflexo! Os ganchos decorativos da parede do lado son perfectos para planificar a roupa do día seguinte, ventilar o que puxeras ese día ou, simplemente, expor as túas pezas de roupa favoritas. Todo o conxunto reflicte a túa personalidade e estado de ánimo.

Recuncho dun dormitorio cun espello LINDBYN e ganchos para roupa e accesorios nas paredes. Aos lados, hai unhas portas de vidro e unha xanela.

Bo día ou boa noite! Todo comeza pola xanela.

Prefires deixala aberta, pechala ou bloquear a luz? Ter distintas capas de cortinas e estores na xanela é a maneira máis doada de controlar a luz da estancia. Decide se queres que entre a luz do día a través dunha cortina fina ou se prefires bloqueala por completo para ficar máis tempo na cama pola mañá.

Velaquí todos os complementos para xanelas
Velaquí todos os complementos para xanelas

Un soño feito realidade?

Si, RÅDMANSÖ é un soño feito realidade se estás a buscar unha mesa de noite que sexa tan bonita por diante como por detrás, que teña un andel para expor as cousas que máis che gusten, que inclúa un caixón para gardar o que queiras e que, ademais, inclúa a función de organización de cables intelixente dentro dese mesmo caixón. Todo nun estilo de mediados de século, unha tonalidade nogueira cálida e un caixón co interior azul escuro que, acompañado polo tirador de latón, fan dela a opción perfecta.

Velaquí todas as mesas de noite
Primeiro plano dunha mesiña de noite RÅDMANSÖ de cor nogueira cun par de obxectos e unha lámpada con altofalante Bluetooth BLOMPRAKT enriba.
Velaquí todas as mesas de noite

Teu de verdade

Este dormitorio está pronto para recibirte cada día dunha calorosa benvida. Cada recuncho ten a súa propia función e, en conxunto, fornecen un espazo onde inhalar, exhalar e descansar para afrontar un novo día. 

Velaquí todas as cadeiras de brazos
Un recuncho dun dormitorio cunha butaca HAVBERG en cor marrón clara, unha lámpada de pé STOCKHOLM 2025 e un reloxo de parede STURSK na parede.
Velaquí todas as cadeiras de brazos