Como utilizar menos e reutilizar máis
Os produtos que podes recargar, reencher e reutilizar moitas veces pódenche axudar a aforrar cartos a longo prazo, e a reducir a cantidade total de residuos que xeras.


As campás de alimentos ÖVERMÄTT pódense lavar e reutilizar para reducir os residuos e o papel dun só uso.

Reencher, reutilizar, repetir
No canto de gastar cartos en cafés para levar e botellas de auga, por que non preparas as túas bebidas nunha cunca ou nunha botella reutilizables? Ademais dos teus gastos, reducirás os residuos de papel e plástico.
Consellos e ideas para un fogar máis sostible
Zona de reciclaxe
Sabías que nas nosas tendas temos habilitada unha zona para reciclar todo o que xa non precisas e asegurarte de que ten un bo destino? Visita a túa tenda IKEA e infórmate sobre todos os produtos que podemos recoller e xestionar de forma axeitada.