VIMLE Sofá cama 3 prazas, Lejde vermello/marrón
Como conseguilo
Recoller 285 puntos con
10 ano de garantía
- Funda lavable
A serie de sofás VIMLE ofrece módulos que podes combinar ao teu gusto para personalizar a solución. Este é un sofá cama que se transforma facilmente nunha cama cun colchón groso e cómodo.
Este cómodo e acolledor sofá durarache moito tempo, xa que os coxíns do asento son de escuma de alta resiliencia, un material que proporciona un bo soporte e recupera a súa forma orixinal en canto levantas.
Os módulos do sofá pódense combinar de distintas maneiras para crear a forma e medida que mellor se adapte a ti e o teu fogar. Se nalgún momento necesitas amplialo, sempre podes engadir un módulo ou dous a maiores.
É doado manter a funda impecable, xa que se pode quitar e meter na lavadora.
Para converteres este sofá nunha cama grande só tes que quitar os coxíns do asento e o respaldo e sacar a base. Os coxíns do respaldo pódense usar para apoiarse e tombarse comodamente na cama.

Este produto consta de varios compoñentes. Podes atopar os detalles dos devanditos compoñentes a continuación.
























