Saltar

TUFFING Estrutura cama alta, gris escuro, 90x200 cm

139€
O colchón e a roupa de cama véndense á parte.

Complétao con

Un colchón branco de escuma ÅFJÄLL, de forma rectangular, cunha cuberta quilted. A cuberta é cremalleira e ten unha textura suave.

ÅFJÄLL Colchón escuma, 90x200 cm

79,99€
  • Grosor: 12 cm
  • Escuma
  • Firmeza media
  • Paquete enrolado

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

As camas altas resultan moi prácticas cando queres combinar varias funcións nunha superficie reducida. Esta cama superou as mesmas probas de seguridade có resto das nosas camas altas. Esta só é un pouco máis baixa... e económica.

Número de artigo902.994.49

Os máis pequenos necesitan un lugar propio onde traballar, facer os deberes e durmir, loxicamente. Unha cama alta permíteche ter todo isto nun espazo de tan só 2 m2.

Podes aproveitar o espazo que queda debaixo da cama para gardar cousas, como zona de traballo ou para poñer un sofá.

Unha boa solución se tes pouco espazo.

Ao ter a escaleira no centro, resulta máis doado entrar e saír da cama.

Opinións dos clientes

3.7Recensión: 3.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 514Valoración media
514Opinións
3.7Recensión: 3.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 514Valoración media
514Opinións

Accesorios para TUFFING

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Habitación moderna para nenos con cama de metal negro TUFFING, alfombra gris. Compacto e funcional, encaixa ben preto da fiestra.

Unha cama para perspectivas novas

A vida vese doutra maneira desde a cama. O moble perfecto para dous xemelgos inseparables, ideal tamén para cando mamá ou papá van ó dormitorio dar as boas noites, porque ten a altura perfecta. A liteiras e as camas altas son a elección máis acertada para aproveitar ao máximo as zonas reducidas. E o mellor é que na fabricación de TUFFING utilizamos menos materiais.

As liteiras e camas altas TUFFING están feitas con aceiro e con tecido de malla e son lixeiramente máis baixas ca outras liteiras. Isto permite utilizar menos materiais na construción e maior facilidade á hora de transportalas.

Os pequenos non pensan na seguridade, nós si

A cama alta gaña en estabilidade ao centrar a escaleira. A escaleira tamén actúa como varanda protectora, porque as camas teñen que ser sitios seguros, onde poidan durmir e xogar con total seguridade. É por iso que as nosas camas pasan por unha serie de rigorosas probas. As normas de seguridade do sector son xa de por si moi estritas, mais nós imos un paso máis alá. Cando creamos as camas TUFFING centrámonos especialmente en evitar que aparecesen brechas e aberturas nas que puidesen quedar atrancadas mans e pés facilmente. Unha vez tivemos o modelo da cama, sometemos a estrutura a intensas probas de seguridade.

Un lugar para as nenas e nenos descansar

Durante o proceso de deseño participamos nas pesquisas da Dra. Barbie Clarke, unha psicóloga con moitos anos de experiencia na investigación do desenvolvemento infantil. Así explica ela o papel que xoga unha cama: "A miúdo, durante as nosas pesquisas, as nenas e nenos dinnos que a cama é a súa parte favorita da casa. Sénteno como algo propio, como unha pertenza: "É meu, o meu espazo". A cama é como a súa área privada, un lugar onde se van formando, onde descansan e recuperan folgos".

Máis información

Material

Que é o aceiro?

O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de