As fibras naturais tratadas correctamente poden transformarse case en calquera cousa. "Podemos crear produtos fermosos e funcionais. É imposible manufacturar dúas exactamente iguais, xa que as fibras naturais varían de cor e textura. E desta forma os clientes levan consigo obxectos con moita personalidade", di Kristin.
TOLKNING Puf + almacenaxe, á man ratán
Como conseguilo
Recoller 15 puntos con
TOLKNING é unha serie versátil feita con fibras naturais que transmiten calidez. Este puf garda un segredo: gústanlle as casas ordenadas e ofrece un asento adicional e un cómodo espazo de almacenaxe.
Cada produto é único, xa que foi tecido a man por artesáns expertos.
Podes empregar o puf como repousapés, para sentar ou, se lle pos unha bandexa enriba, de mesa.
Máis que un asento extra ou un adorno, este puf tamén é un práctico espazo de almacenaxe.
O ratán é un material natural que adquire unha bonita pátina co tempo.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Leva a natureza ao interior da túa casa
Traballamos con expertos artesáns para deseñarmos TOLKNING. O resultado é unha serie decorativa e multifuncional de produtos feitos de fibras naturais con moita personalidade e un aspecto entrañable e único.
Simi Gauba e Kristin Pfannenschmidt son dous das nosas deseñadoras de produtos. Traballan moito con fibras naturais e están radicadas en Vietnam. "Recibidos a axuda de expertos artesáns durante o proceso de creación de TOLKNING, porque eles coñecen os puntos fracos e fortes do material", di Simi. "Sen eles, non seríamos quen de ofrecerlles estes produtos aos nosos clientes".
Forma e funcionalidade van da man
Cooperación entre ser humano e natureza
Simi di que traballar con fibras naturais pode supoñen un reto, mais iso tamén é parte do encanto. "A serie TOLKNING representa un legado que cómpre conservar. Ser humano e natureza da man e coñecementos que son transmitidos de xeración en xeración. Acho que ese é un dos motivos polos que estes produtos son tan queridos. Teñen unha alma e un espírito moi prezados e son perfectos para decorar calquera casa con materiais xenuínos e naturais".
Material
Que é o ratán?
O ratán é un material resistente, lixeiro e flexible obtido a partir do talo dunha planta co mesmo nome. Pódese utilizar como un todo ou dividido en partes máis finas, que se trenzan para facer cestos e mobles. O ratán pertence á familia das palmeiras e medra ao longo das árbores, polo que non é necesario talar ningunha árbore para recollelo. É un material natural e os produtos adoitan estar feitos á man por artesáns, polo que cada peza ten un aspecto único.








