O equipo atopou a solución nunha goma sintética que demostrou ter unha maior eficacia para quedar fixada a diferentes superficies e encher as irregularidades para que o aire non pase. "Probamos as ventosas co material novo, tanto nunha proba de laboratorio como no fogar das persoas, para asegurarnos de que se xera un baleiro estable e as ventosas fiquen onde ti queiras".
TISKEN Cesto con ventosa, branco
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
A serie TISKEN permite telo todo á man e non require facer buratos nas paredes. As ventosas adhírense ben ás superficies de vidro e ás baldosas.

A auga drena facilmente a través dos orificios do fondo.
Para fixares este produto non precisas ferramentas. Só o tes que apertar contra a parede logo de limpala.
Para quitalo, mete unha tarxeta de crédito (ou similar) entre a ventosa e a parede. Non deixa buratos nin marcas.
As ventosas adhírense perfectamente a superficies lisas como o vidro e os azulexos.
IKEA of Sweden

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Mellor agarre para almacenaxe flexible
A ventosa móbil é un soporte de parede intelixente para o almacenamento flexible no baño. O único problema é que pode despegarse un chisco ao cabo dun tempo. De súpeto, escoitas un estrondo no baño e atopas o bote de xampú no chan. Entón, como podes facer para que a ventosa agarre mellor? O deseñador de produto Kristofer Adsegård e os seus compañeiros, responsables da serie de baños TISKEN, quixeron descubrilo.
Kristofer e o seu equipo comezaron a estudar en detalle o funcionamento das ventosas. "Agarra porque hai un baleiro entre a ventosa e mais a superficie. Porén, se entra aire, rompe o baleiro e plof! O teu soporte caeu do sitio. Pode ser algo pequeno, como restos de sucidade ou cal na parede, ou pequenas irregularidades no azulexo por onde acaba por entrar o aire", afirma Kristofer.
Goma que sela con forza
A ventosa cobra un aspecto renovado.
Para que a túa serie de baños TISKEN dure moito máis, é importante tratar ben as ventosas. Kristofer explica que non debes tirar do gancho ou outras partes do produto para que saia, xa que pode danar o enganche. "Para liberar o baleiro, é mellor utilizar unha tarxeta bancaria ou algo semellante entre a ventosa e a parede. E, se deixas a ventosa en auga preto da temperatura de ebulición durante uns minutos, e deseguido a deixas secar ao aire, volverá estar case como nova".
Funcionalidade
Mellor adherencia
Por que ao final as ventosas despéganse sempre? Este feito impactounos tanto, que estudamos o funcionamento dunha ventosa e comprobamos que pequenas mostras de sucidade ou de cal que apenas ven permiten que o aire pase, mesmo en azulexos lisos. Por iso para a serie TISKEN buscamos un material de caucho que se adhire mellor e enche as pequenas irregularidades da parede. Agora xa o ruído do bote de champú que cae ao chan non che espertará en metade da noite.
Material
Nun baño hai moita auga
Sabemos que é importante deseñar bos accesorios para todo tipo de baños. Por iso a maioría dos armarios e dos accesorios son de plástico e, por tanto, ideais para colocar preto da ducha ou do baño. Elixe entre as nosas coleccións VESKEN, TISKEN e BOLMEN para crear un baño funcional e organizado, onde poidas chapuzar por todas partes sen que che preocupe verter auga sobre os mobles.













