Esta bandexa teno todo. A súa superficie repele a sucidade e resiste os arañazos, pódese meter no lavalouzas e tamén se pode usar ao aire libre. Ademais, adáptase á maioría dos carriños.
Detalles do produto
A bandexa ten unha superficie que repele á sucidade e é resistente ás riscadas.
Que se poida meter na lavalouza faiche a vida máis fácil.
A forma dos bordos permíteche suxeitar e levar a bandexa con seguridade e comodidade.
As medidas combinan coa maioría dos soportes para bandexas.
IKEA of Sweden
Medicións
- lonxitude: 37 cm
- Ancho: 29 cm
Opinións dos clientes

Nada xustifica prezos altos
Si, si que liches ben o prezo: a bandexa TILLGÅNG non custa máis ca iso. Porén, cal pode ser a vida útil e utilidade reais dunha bandexa de plástico a este prezo? Atrevémonos a dicir que elevada, sobre todo despois de sometela a probas de laboratorio e de deixar que os compañeiros a probasen. Mais unha persoa pode preguntarse que pensarían os visitantes do restaurante IKEA cando o desenvolvedor de produto Andrew Deverell andaba a subir e baixar as escaleiras cunha bandexa chea. "Quería asegurarme de que había espazo dabondo na bandexa para unha comida completa para unha persoa e que todo ía ficar no sitio sobre a superficie rugosa da bandexa cando subía e baixaba as escaleiras", explica Andrew Deverell. "Moitas cousas poden calcularse, mais tamén temos que probar que os nosos produtos funcionan na vida diaria das persoas".
O prezo baixo era un requisito dende o comezo do proxecto. Por iso, Andrew e o equipo precisaban equilibrar a calidade, funcionalidade e prezo en cada pequeno detalle. "Queríamos utilizar un plástico bo que fose resistente e, á vez, se puidese lavar na lavalouza. Desenvolvendo un proceso de deseño intelixente, fomos eficientes na cantidade de plástico utilizado, así que fomos quen de reducir o custo", di Andrew, e mostra como TILLGÅNG se tornou algo máis curta, estreita e fina que moitas bandexas convencionais. "É como se a bandexa encollese un chisco, mais segue a encaixar ben na maior parte dos carriños usados nos restaurantes".
Detalles ocultos que marcan a diferenza
A calidade non sempre é visible a primeira vista. Andrew dálle a volta á bandexa e mostra como as esquinas están lixeiramente elevadas e que hai unha pequena elevación por debaixo sobre a que descansa a bandexa. Isto evita a formación de baleiro entre as bandexas e fai que fiquen xuntas cando as encastela. "Gústame traballar con detalles pequenos e ocultos", di Andrew. "Cousas que non son visibles, mais que se perciben ao usar o produto, e que realmente facilitan un chisco a vida diaria das persoas".
O prezo máis baixo
Nada xustifica prezos altos
Coa bandexa TILLGÅNG queriamos demostrar que é posible combinar alta calidade cun prezo baixo tomando decisións intelixentes. Por exemplo, eliximos un plástico realmente bo e de gran durabilidade. E ao reducir a cantidade total de plástico, puidemos diminuír o custo dos materiais. Simplemente fixémola un pouco máis curta, estreita e fina que moitas bandexas estándar. Aínda así, segue tendo espazo para a túa cea, e é o bastante estable para que evites derrames de camiño ao sofá.