Todas as portas e caixóns abren suavemente e dentro encontrarás espazo abondo para gardar as cousas do baño. Porén, non é necesario escondelo todo. As toallas e os botes de perfume poden ir detrás das portas de vidro. "Co armario TÄNNFORSEN con portas de vidro terás máis liberdade á hora de amoblar, xa que pode ir acompañado doutros mobles ou por libre. Por que non poñelo no baño para crear un aspecto máis atemporal? Elixe as asas ou tiradores que queiras e personalízao ó teu gusto".
TÄNNFORSEN Armario con espello e portas, gris claro, 60x15x95 cm
Complétao con

ENERYDA Pomo, 27 mm
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 42 puntos con
Podes cambiar de opinión
Os detalles clásicos, como os paneis biselados, fan que a serie para baños TÄNNFORSEN sexa unha declaración de intencións. Este armario espellado raso axúdate a prepararte antes de saír da casa e apenas ocupa espazo.
Material
- Marco:
- Taboleiro de partículas, Lámina de plástico (mín. 70 % reciclado), Bordo de plástico, Bordo de plástico (mín. 50% reciclado)
- Marco de porta:
- Taboleiro de fibras, Lámina de plástico (mín. 70 % reciclado), Bordo de plástico, Bordo de plástico (mín. 50% reciclado)
- Recheo da porta:
- Taboleiro de fibras, Folla de plástico, Folla de plástico
- Espello:
- Vidro, Folla de plástico
- Panel posterior:
- Taboleiro de fibras, Folla de plástico
- Andel:
- Vidro temperado
Mantemento
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
Instrucións de montaxe
TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30Consellos e instrucións de coidado
TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30

O espello encima do lavabo facilita as rutinas da mañá e fai que o cuarto pareza máis grande e luminoso. Un armario con andeis sobre os que pousar as botellas, xerras e as cousas que máis utilices.
A lámina de espello que hai no interior da porta permíteche ver desde ángulos distintos.
As bisagras con amortecedores integrados aseguran a porta e péchana amodo, en silencio e suavemente.
Unhas asas ou tiradores axúdante a crear a solución ideal que se axuste ao teu gusto e estilo. O produto véndese por separado.
Fixar á parede para unha instalación segura. A fixación mural que se utilice dependerá do tipo de parede. Emprega fixacións adaptadas ás paredes da túa casa. Véndense á parte
Se tes dúbidas sobre a instalación, contacta cun profesional. A instalación debe realizarse segundo a normativa local sobre construción e fontanaría.
Este estante está pensado para instalar na parede.
Os pomos e os tiradores véndense á parte.
Inclúe: 1 armario, 2 portas con espello, 4 gonzos, 4 andeis axustables de cristal e guía de suspensión.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Marco:
- Taboleiro de partículas, Lámina de plástico (mín. 70 % reciclado), Bordo de plástico, Bordo de plástico (mín. 50% reciclado)
- Marco de porta:
- Taboleiro de fibras, Lámina de plástico (mín. 70 % reciclado), Bordo de plástico, Bordo de plástico (mín. 50% reciclado)
- Recheo da porta:
- Taboleiro de fibras, Folla de plástico, Folla de plástico
- Espello:
- Vidro, Folla de plástico
- Panel posterior:
- Taboleiro de fibras, Folla de plástico
- Andel:
- Vidro temperado
Mantemento
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
- ADVERTENCIA! Risco de envorco. É obrigatorio ancorar este produto con seguridade. Utiliza chavetas e parafusos aptos para o teu fogar. En caso de dúbida, consulta cun profesional.
Instrucións de montaxe
TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30Consellos e instrucións de coidado
TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30TÄNNFORSEN Armario con espello e portas905.351.30

- 905.351.30
1 × TÄNNFORSEN
Armario con espello e portas- Ancho: 36 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 101 cm
- Peso: 17.74 kg
Opinións dos clientes
Accesorios para TÄNNFORSEN
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Unha fusión entre deseño atemporal e prestacións modernas
A familia de baños TÄNNFORSEN lembra aqueles baños de época caracterizados por detalles coidados e unha artesanía elaborada. Non te preocupes, prometémosche que todo está adaptado para o estilo de vida moderno.
"Durante o proceso de planificación dun baño temos que tomar decisións importantes e non podemos deixarnos levar polas modas pasaxeiras", di a deseñadora Sarah Fager. "TÄNNFORSEN ofréceche unha calidade e un deseño no que poderás confiar e que te acompañará durante anos". Para dar co estilo atemporal, Sarah e o seu equipo puxéronse a viaxar polo tempo. "Entre outras cousas estudamos as portas de panel antigas, que nos serviron de inspiración para crear os paneis frontais e laterais da serie. O resultado é un contorno clásico que produce fermosas sombras".
Amobla o baño
Un lavabo que realza o estilo
Realza o estilo coa billa mesturadora, mesado e lavabo da túa elección. O lavabo RUTSJÖN en cerámica sólida é un clásico cos bordos elevados para evitar derramamentos. "Se elixes a versión semiencastada do RUTSJÖN terás unha bacía profunda moi práctica e máis espazo para o mesado". Os detalles funcionais e o excelente espazo de almacenaxe permítenche ter as cousas no seu sitio e cada mañá sentiraste como se estiveses nun hotel de época.







