STENKOL / LADDA Cargador baterías +4 baterías
Complétao con

LADDA Pila recargable, 750mAh
Como conseguilo
Recoller 1 puntos con
Podes cambiar de opinión
Si adoitas utilizar pilas alcalinas, pásache ás recargables. Reducirás gastos e producirás menos residuos. Este práctico kit é unha excelente forma de redirixir os teus pasos cara a un futuro recargable.

As pilas recargables LADDA funcionan en todo tipo de produtos, mais son ideais para os produtos de maior consumo enerxético, como altofalantes portátiles, xoguetes, lanternas ou cámaras.
Co cargador STENKOL sempre terás pilas totalmente cargadas á man.
Só tes que poñer as pilas no cargador e conectalo a unha toma de corrente.
Con 4 cargadores independentes para que cargues 1, 2, 3 ou 4 pilas á vez.

Este produto consta de varios compoñentes. Podes atopar os detalles dos devanditos compoñentes a continuación.
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Funcionalidade
Pilas recargables, un gran cambio para ti e o planeta
Queremos axudar a que todas as persoas leven unha vida mellor, sen por iso comprometermos o estado do planeta e o futuro das xeracións vindeiras. Así pois, creamos unha nova gama de pilas recargables, que poderás utilizar varias veces. A vantaxe disto é que sempre terás pilas dispoñibles e que non terás de mercar pilas novas con tanta frecuencia, así poderás reducir os reboutallos e o impacto ambiental. Perfectas para ti, mellor para todo o mundo.









