SOMRIG Botón de atallo, branco intelixente
Complétao con
Como conseguilo
Transforma os teus espazos nun chiscar de ollos. Con este botón de atallo poderás gardar escenarios na app IKEA Home smart e crear o ambiente perfecto. Ilumina as túas mañas ou crea o ambiente perfecto para unha cea romántica facilmente.
Detalles do produto
Converte SOMRIG no teu mellor amigo personalizado e engade escenarios da app IKEA Home smart. Asigna entre 1 e 6 escenarios da app e preme brevemente, preme dúas veces ou mantén premido para seleccionar o que queiras.
Coas solucións domóticas de IKEA, poderás desfrutar dun fogar máis intelixente grazas ós produtos de iluminación, altofalantes, estores e produtos para mellorar a calidade do aire.
Por que non empezar as mañás con todo ó alcance dun dedo? Instala un botón de atallo ó lado da cama para acender as luces, erguer os estores e reproducir a lista de música que esperte os teus sentidos.
Garda a configuración do teu produto intelixente favorito na app IKEA Home smart, utilizando para iso o receptor DIRIGERA. Abonda con crear un "escenario" e executalo cando queiras, así terás o control simultáneo dos teus produtos intelixentes.
Podes programar a activación de escenas ou facelo manualmente cun botón de acceso directo ou a aplicación. Por exemplo, cando queiras apagar todas as luces e outros produtos intelixentes cun só toque cando saias de casa pola mañá.
Con deseño a xogo, os controis remoto SOMRIG, RODRET e STYRBAR quedan moi ben xuntos cando os pousas sobre a mesa do sofá, no frigorífico ou os colocas na parede co soporte que se inclúe.
Este produto intelixente pódese utilizar tamén coa pasarela de ligazón TRÅDFRI e controlar a través da app IKEA Home smart 1. As súas funcións poden variar en función do receptor e a app á que estea conectado.
IKEA of Sweden
Información útil
É necesario dispor dun receptor DIRIGERA (véndese por separado) para utilizar este produto.
As baterías véndense por separado. IKEA recomenda pilas recargables LADDA HR03 AAA 1,2 V. Funciona con 1 pila.
Este produto pertence á nosa gama de produtos intelixentes para a casa. Conéctao, con outros produtos intelixentes, ao receptor DIRIGERA e á aplicación IKEA Home smart para máis opcións e posibilidades.
Tamén é posible conectar este produto intelixente ao dispositivo de conexión TRÅDFRI.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Parte superior/ Caixa para as pilas/ Tapa:
- Plástico ABS
- Xunta:
- Caucho sintético
- Ferraxe de parede:
- Aceiro
- Imán:
- Neodimio
Mantemento
Limpar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
Embalaxe
SOMRIG
Número de artigo505.603.34- Ancho: 5 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 8 cm
- Peso: 0.07 kg
- Paquete(s): 1








