Como conseguilo
Se andas na procura dunha bolsa para as túas actividades do día a día, sexan cales for as túas necesidades, a bolsa SOLUPPGÅNG será unha compañeira inseparable. Ofréceche moito espazo, pódese pechar e está feita dun material duradeiro.
Detalles do produto
Unha bolsa ampla feita de poliéster, un material duradeiro e resistente. Ideal para as túas aventuras diarias, tanto se vas á praia, de compras ou ao parque de pícnic.
A bolsa pode estenderse para darlle máis altura se precisas máis espazo, e é doada de encartar e pechar utilizando o cordón.
Unha das asas ten unhas prácticas argolas das que podes pendurar ou atar pequenos obxectos que queiras ter facilmente á man.
O peto exterior é estupendo para as cousas que queres ter á man mais agochadas, como a carteira ou o teléfono.
As asas permítenche levar a bolsa collida na man ou cargala sobre os ombros.
Como a bolsa se pode lavar á máquina, serache moi doado tela sempre limpa e fresca.
Darja Nordberg
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Medicións
- Ancho: 44 cm
- Altura: 37 cm
- fondo: 12 cm
- volume: 19 l
Embalaxe
SOLUPPGÅNG
Número de artigo206.197.98- Ancho: 37 cm
- Alto: 12 cm
- Longo: 43 cm
- Peso: 0.48 kg
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Quería que cando as persoas visen a bolsa SOLUPPGÅNG pensasen na natureza e quixesen gozar dela en paz. A paleta de cores inspírase na propia variedade de cores da natureza e, a pesar de a bolsa ter un aspecto sinxelo, incorpora distintas particularidades prácticas: pódeselle ampliar a altura e pechar cun cordón, inclúe un peto exterior e ten varias fitas pequenas nunha das asas onde poderás atar o que queiras. Agardo que deveña unha compañeira leal nas vosas aventuras polo mundo".





