Como conseguilo
Recoller 1 puntos con
- Funciona con baterías
Esta decoración para mesa LED non só ilumina, senón que o seu cristal e o seu aceiro de cor latón achegan un toque de elegancia. Co botón, podes cambiar facilmente entre unha lapa tremelicante ou unha luz continua, así como configurar o temporizador.
Detalles do produto
As candeas LED emiten unha luz acolledora e trémula parecida á dunha chama de verdade, pero sen ceras nin mechas que, sinceramente, ás veces son unha molestia.
Permiten crear unha atmosfera agradable e acolledora tanto en fogares, como en cafeterías e restaurantes.
Podes poñer a chama a funcionar facilmente cun brillo estable ou facer que escintile con só configurar un botón.
Unha alternativa segura para fogares con crianzas ou mascotas, xa que as candeas LED permiten decorar calquera estancia sen o risco de provocar un incendio.
Moi conveniente e doado de empregar grazas ao temporizador incorporado que acende a luz á mesma hora todos os días e fai que brille durante 6 horas.
Como funciona con pilas, pódese colocar en calquera sitio sen necesidade de enchufarse.
A luz LED consume ata un 85 % menos de enerxía e dura 10 veces máis que as lámpadas incandescentes tradicionais.
Willy Chong
Información útil
Ten en conta que a función de temporizador ponse a cero cando cambias o modo de chama de constante a tremelicante, ou ao contrario.
O temporizador integrado está preconfigurado para que a luz permaneza acesa 6 horas, se apague automaticamente durante 18 horas e volva acenderse.
As pilas véndense por separado. IKEA recomenda as pilas recargables LADDA de 2450 mAh HR6 AA 1,2 V. Funciona con 2 unidades.
Utiliza só pilas compatibles co produto. Non mestures pilas novas e vellas, nin pilas de marca e tipo distinto.
A luz LED ten unha vida útil dunhas 25000 horas. Isto representa unhas 6 horas de funcionamento ao día durante uns 10 anos.
Temperatura da cor: cor cálida (2200 Kelvin).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Caixa para as pilas:
- Plástico de polipropileno
- Base:
- Aceiro, Revestimento de acrílico, Niquelado
- Pantalla:
- Plástico de policarbonato
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
SNÖRPTRÅD Adorno mesa LED806.219.39Medicións
- diámetro: 9.5 cm
- Altura: 8 cm
Embalaxe
SNÖRPTRÅD
Número de artigo806.219.39- Ancho: 10 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 10 cm
- Peso: 0.19 kg
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Funcionalidade
Candeas LED decorativas para unha atmosfera acolledora
Crea unha atmosfera cálida e acolledora coas nosas candeas LED decorativas! Escolle a túa favorita de entre unha ampla variedade de estilos e materiais, todas elas emiten unha luz que lle dará a toda a estancia unha sensación agradable e íntima. As candeas teñen dous modos de iluminación: constante e tremelucente, como as chamas de verdade. Grazas ao temporizador de seis horas integrado, a batería durará até 15 días, para crear unha atmosfera única onde queiras sen preocupacións.







