SMÅSTAD Porta, lila claro, 30x120 cm
Complétao con

HJÄLPA B c s
Como conseguilo
Recoller 5 puntos con
Podes cambiar de opinión
A porta que escollas define o estilo da túa combinación de almacenaxe SMÅSTAD/PLATSA. Ademais, podes cambiar o estilo con facilidade, desde cores pastel no cuarto do neno até branco ou negro para un adolescente.

Coas portas en suaves tons pastel, podes crear un estilo divertido que seguro que os membros máis novos da familia aprecian. Mestura cores diferentes ou escolle unha soa para crear un estilo uniforme.
Unha porta verde para a roupa e unha azul para os xoguetes. Se usas portas de diferentes cores, o cativo de 4 anos poderá saber onde están as cousas máis facilmente.
Con portas, caixóns e caixas de almacenaxe podes protexer todo e engadir un toque persoal á solución de almacenaxe do cativo.
Para que nin ti nin o teu fillo vos manquedes cuns bordos afiados, todas as esquinas das portas SMÅSTAD están suavemente redondeadas.












