Saltar

SLÄKT Estrutura de cama con almacenaxe, branco, 90x200 cm

289€
O prezo non inclúe o somier de láminas, nin o colchón, nin a roupa de cama.

Complétao con

Mostra unha base de cama con listas de madeira curvas para soporte e circulación do aire.

LURÖY Somier de láminas, 90x200 cm

30€

Como conseguilo

Comprobando dispoñibilidade...
Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
SLÄKT
103.629.77

O soño de calquera adolescente. Unha cama con moito sitio para organizar as cousas, desde as camisetas aos xogos, todo en pouco espazo e á man.

Máis información
  • Material

    Pés/ Cabeceira/ Fronte:
    Taboleiro de fibras, Pintura acrílica
    Montante:
    Taboleiro de partículas, Pintura acrílica, Pintura acrílica, Folla de papel, Bordo de plástico
    Traseira:
    Taboleiro de fibras, Taboleiro de partículas, Cartón de panel de abella (100 % reciclado), Pintura acrílica, Folla de papel, Pintura acrílica, Folla de papel, Bordo de plástico
    Armazón:
    Taboleiro de fibras, Taboleiro de partículas, Folla de plástico, Folla de papel
    Lateral:
    Taboleiro de partículas, Pintura acrílica, Pintura acrílica, Bordo de plástico
    Taboleiro inferior:
    Taboleiro de fibras, Taboleiro de partículas, Pintura acrílica, Pintura acrílica, Folla de papel, Bordo de plástico
    Fondo:
    Taboleiro de partículas, Taboleiro de fibras, Pintura acrílica, Pintura acrílica, Folla de papel, Bordo de plástico
    Respaldo:
    Taboleiro de partículas, Pintura acrílica, Folla de papel, Bordo de plástico
    Lateral de caixón:
    Taboleiro de partículas, Folla de plástico, Folla de papel, Bordo de plástico
    Dorso de caixón:
    Taboleiro de partículas, Folla de plástico, Folla de papel
    Fondo de caixón:
    Taboleiro de fibras, Pintura acrílica, Folla de papel

    Mantemento

    Limpar cun pano húmido.

    Limpar cun pano seco.

SLÄKT Estrutura de cama con almacenaxe, branco, 90x200 cm

Opinións dos clientes

4.1Recensión: 4.1 de 5 estrelas. Revisións totais: 87Valoración media
87Opinións
4.1Recensión: 4.1 de 5 estrelas. Revisións totais: 87Valoración media
87Opinións

Accesorios para SLÄKT

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Cuarto amarelo brillante con cama de almacenamento SLÄKT branco, reloxo vermello, dúas lámpadas, elefante de peluche, alfombra de cores e xoguetes. A cama é central e grande.

Para todos os rapaces e rapazas que gozan pendurando as pernas.

Cando desenvolvemos a cama SLÄKT con almacenaxe, recibimos axuda dos principais expertos en nenos de todo o mundo: os propios nenos e nenas. 10 cativos de entre 8 e 14 anos tiveron a oportunidade de ver e probar a primeira versión da cama. Ao sentar no bordo da cama coas pernas colgadas, pensaron en aspectos moi fundamentais.

Anna Carme traballa no desenvolvemento do produto en IKEA e os nenos e tivo a idea dunha cama con almacenaxe despois de visitar moitos fogares de familias con fillos por todo o mundo. "Moitas familias contan cun espazo limitado e a falta de espazo é motivo dunha gran frustración. Tamén pode ser difícil para os cativos en idade escolar atopar un espazo de seu no que poidan ter as súas cousas á man".

Sen bordos duros e tiradores

Anna e o seu equipo presentaron a primeira versión da cama con estantes e caixóns, sen tiradores. "Sabemos que os cativos desta idade gozan tirándose na cama e por iso poden magoarse cos tiradores que sobresaian", explica Anna. E, por suposto, os cativos tiráronse na cama cando o equipo os convidou ao Laboratorio infantil, un método estruturado que desenvolvemos para escoitar a opinión e pensamentos dos nenos e nenas. Cando os cativos se acomodaron e sentaron no bordo da cama, as súas ideas comezaron a saír. "Un rapaz sinalou que podía sentir o bordo da cama mentres sentaba coas pernas penduradas", di Anna. "Tamén quería poder saír da cama escorregando con facilidade".

Unha cama dende a perspectiva do cativo

"Os outros nenos concordaron con el e por suposto tamén tiñan razón en querer unha cama na que sentar comodamente", continúa Anna. As opinións dos cativos levou a que se rebaixara o bordo. "Era importante para nós desenvolver unha cama dende a perspectiva dun cativo. Así é como facemos as cousas en IKEA e os nenos. Involucrar os cativos no desenvolvemento do produto permítenos descubrir máis sobre as súas necesidades e soños, e como se meten na cama e saen dela".

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de