Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".
SKOGSDUVA Funda nórdica e funda almofada
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 2 puntos con
Podes cambiar de opinión
Nesta funda nórdica de suave algodón e viscosa, o ourizo bebe unha cunca de té na súa casiña da árbore. Convidou a máis amigos á súa casa e está a agardar a que cheguen.
- Algodón/Viscosa
- Número de fíos: 122 /inch²
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

O raposo ártico, o moucho e o ourizo que podes ver nesta funda nórdica tamén están dispoñibles en forma de peluche na colección SKOGSDUVA.
Ves o ourizo na fiestra agardando que cheguen os seus amigos para compartir unhas bebidas quentes? Na bolsa da colección SKOGSDUVA verás que acolledor luce o conxunto cando se xuntan.
Sabemos que os nenos son moi sensibles, pero non te preocupes. Este produto foi probado e non ten substancias, ftalatos nin produtos químicos daniños para a pel ou a saúde dos pequenos.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Pódese acompañar doutros produtos da colección SKOGSDUVA.
N.º de fíos: 122.
O número de fíos é un valor que indica a cantidade de fíos por polgada cadrada do tecido. Canto maior sexa o número de fíos, máis resistente e densa será a tea.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

- 905.768.04
1 × SKOGSDUVA
Funda nórdica e funda almofada- Ancho: 19 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 0.76 kg
Opinións dos clientes
Accesorios para SKOGSDUVA
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Adéntrate no bosque encantado
As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.
"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".
Un mundo para soñar
Suaves como o musgo
Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".
Material
Algodón suave e viscosa lustrosa
Os nórdicos de algodón/viscosa ofrecen un equilibrio harmonioso entre confort e durabilidade. O algodón suave é unha fibra natural transpirable e absorbe a humidade, mentes que a viscosa, de polpa de celulosa, é suave como a seca, seca rápido e presenta un fermoso lustre. Xuntas dan como resultado un nórdico resistente e fácil de lavar que regula a temperatura corporal de maneira natural e ademais, grazas a elas, a túa filla ou fillo durmirán comodamente durante toda a noite. Doces soños!









