Saltar
Máis de Colección SKOGSDUVA

SKOGSDUVA Alfombra, pelo longo, verde, 133x160 cm

39,99€

Como conseguilo

Comprobando dispoñibilidade...
Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
SKOGSDUVA
405.782.78

O pelo longo desta alfombra é como a herba verde dos prados e a carriza dos bosques. Amortece o son e crea unha sensación acolledora. E o mellor é o suave e agradable que resulta ao tacto cos pés.

Máis información
  • Material

    Pelo:
    100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
    Tecido de base:
    100% poliéster (mín. 80% reciclado)
    Estrutura:
    100 % plástico EVA
    Lámina protectora:
    100 % caucho sintético

    Mantemento

    Lavar á man a 40 °C como máximo.

    Non empregar lixivia.

    Non secar na secadora.

    Non pasar o ferro.

    Non limpar en seco.

    Aspira e rota a alfombra con regularidade.

Habitación infantil con alfombra verde SKOGSDUVA, materiais 100% reciclados. Alfombra cobre o chan, rodeada de xoguetes e cama. Superficie suave e amigable para o xogo.

Opinións dos clientes

4.5Recensión: 4.5 de 5 estrelas. Revisións totais: 33Valoración media
33Opinións
4.5Recensión: 4.5 de 5 estrelas. Revisións totais: 33Valoración media
33Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Habitación infantil con alfombra verde SKOGSDUVA, materiais 100% reciclados. Alfombra cobre o chan, rodeada de xoguetes e cama. Superficie suave e amigable para o xogo.

Adéntrate no bosque encantado

As profundidades do bosque agochan vidas secretas. A familia de ourizos vive nunha torada e convidan a té aos seus amigos: o moucho, o coello e moitos máis. Fóra, a lúa escintila entre as árbores e, de socate, aparece unha aurora verde que ilumina o ceo.

"SKOGSDUVA é unha colección que nos leva aos bosques máxicos que, en IKEA, representan unha parte moi importante das nosas orixes escandinavas", di Anna Edlundh, deseñadora de produtos. "A simple vista poderiamos dicir que un bosque é un lugar baleiro e tranquilo, pero se nos fixamos, veremos que está cheo de vida, con animas e plantas... mesmo durante o inverno".

Un mundo para soñar

Na colección de téxtiles para a cama, xoguetes e accesorios encontramos animais típicos de Escandinavia. Ademais da familia de ourizos e os seus amigos, tamén temos o raposo polar, a lontra, o lince e moitos máis. "Nas súas ilustracións, a deseñadora Malin Gyllensvaan creou un mundo marabilloso cheo de detalles: un rato durmindo nunha hamaca e outro vestido cunha gravata de lazo. Todos viven vidas humanas e agardo que vos axuden a crear as vosas propias historias para durmir". Os peluches dan vida ás personaxes das historias e convértense en parte do xogo. "Sabemos que as e os máis pequenos adoran os peluches realistas, por iso traballamos arreo ata darmos coa expresión facial adecuada".

Suaves como o musgo

Unha das cousas que máis lle gustan a Anna é a alfombra verde. "É suave e lene, como o musgo do bosque, e perfecta para xogar. Os coxíns da colección convértense en flores e cogomelos que saen de alfombra". Anna agarda que con esta colección medre o interese por comprender como son os bosques. "A fin de contas, o bosque é o fogar de animais e plantas, por iso é tan importante que axudemos a conservalo".

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis de Colección SKOGSDUVA