Saltar

ROCKÅN Albornoz, gris, S/M

29,99€
Tunica de baño branca ROCKÅN, de lonxitude completa, algodón terry, petos, cinto axustable.
Thumba de baño de algodón gris, textura de terry, colar, cintura atada, mangas longas, petos laterais.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Para gozar das mañás na casa coa suave felpa que o recobre por ambos os lados, o cinto axustable e os prácticos petos.

Número de artigo103.919.27

Detalles do produto

Para gozar das mañás na casa con este suave albornoz de felpa. A costura en diagonal das mangas é ampla para que non roce a pel e poidas moverte mellor.

Algunhas persoas prefiren atar o albornoz por debaixo do estómago, e outras prefiren atalo máis arriba. O cinto deste albornoz permite as dúas opcións. Un detalle que fai que resulte moi práctico e cómodo.

Ten o mesmo suave rizo de algodón por dentro que por fóra, para gozares da súa calidez e confort ao saír da ducha.

Os petos do albornoz están situados nos laterais, para así evitar que acaben diante da barriga cando o ates. Ideais para quentar as mans, gardar panos, chaves, o teléfono ou o lapis que utilizas para facer as palabras cruzadas.

Deseñador

Paulin Machado

Número de artigo103.919.27

Información útil

Os suavizantes reducen a capacidade de absorción.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Encolle un 6% como máximo.

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

As cores escuras lávanse por separado.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 150º C como máximo.

Non limpar en seco.

Medicións

  • lonxitude: 104 cm
  • densidade da superficie: 380 g/m²

Embalaxe

ROCKÅN

Número de artigo103.919.27
  • Ancho: 26 cm
  • Alto: 11 cm
  • Longo: 37 cm
  • Peso: 1.03 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
1492Opinións
Baño de algodón fino, peluche, detallado con bucle de cinto axustable, petos laterais e costuras diagonais de manga para comodidade.

Para persoas altas, baixas, delgadiñas ou con curvas

Como se deseña unha peza que se adapte non só a ti, senón tamén a todos os teus veciños? Cadaquén temos un aspecto diferente, personalidades únicas e gústannos cousas diferentes. Pero parece que temos máis en común uns cos outros do que pensabamos. Iso é o que Sara Onsmark, unha de nosas responsables de desenvolvemento de produto, descubriu ao crear o albornoz ROCKÅN.

Sara ten experiencia como deseñadora de roupa, polo que sabe de primeira man o difícil que é crear algo que se axuste á maioría dos diferentes tipos de corpos. Ela e o equipo de desenvolvemento pensaron: por que non pedirlles axuda aos traballadores da fábrica dos nosos provedores? Sería unha oportunidade para ver como utiliza a xente os albornoces e como se adaptan ás formas e tamaños de cadaquén. "Non sen certa vergoña e con algunhas risas, desfilaron pola fábrica e probaron diferentes prototipos. Algúns deles eran francos e expresaron as súas opinións, outros eran un pouco máis tímidos", di Sara.

Nada por debaixo? Sen problema

Unha das primeiras cousas que Sara e o equipo tiñan que resolver era elixir o material que ían utilizar. Querían algo que secase axiña e que tivese un bo prezo. Os improvisados modelos axudáronlles a reducir as opcións. "Algúns deles confesaron: 'Normalmente non levábamos moita roupa debaixo do albornoz'. Isto implicaba que tiñamos que utilizar un material suave, de tipo toalla, e evitar costuras que resultasen molestas. Tamén lle puxemos a presilla por fóra, xa que a comodidade é fundamental aínda que vaias espido", di Sara.

Diferenzas que inspiraron aos deseñadores

O equipo fixo un interesante descubrimento sobre como atan o albornoz os homes e as mulleres. A maioría dos homes parece atar o cinto por debaixo do estómago, mentres que moitas mulleres parecen atalo máis arriba, debaixo do peito. "Engadímoslle unha presilla axustable dun material en contraste que funciona ben independentemente das preferencias de cadaquén. Trátase dun detalliño pequeno pero importante, funcional e que lle dá ao albornoz un aspecto distintivo".

Gústanos así

Outra cousa que supuxo unha revelación para o equipo foron as mans das persoas. "Démonos conta de que algunhas persoas non sabían onde poñelas cando o albornoz estaba atado e cos petos diante da barriga. Para solucionalo, colocamos os petos máis cara atrás e as aberturas no lateral", di Sara. Cando nos relaxamos en albornoz, seica tamén sentamos dun xeito determinado. "Algúns modelos dicían: 'Vaites! Se cadra debería cruzar as pernas para que non se me vexa demasiado, non si?' Pero cremos que as persoas deberían sentar como queiran se están cómodas. Como o albornoz ROCKÅN é amplo e máis longo que un albornoz normal, é doado tapar as pernas, así que non tes que preocuparte por esas cousas", afirma Sara.

Xunto con persoas como nós

Traballar a pé de fábrica xunto cos modelos non só fixo que xurdisen ideas, senón que tamén axilizou o proceso de deseño. "Fixemos moitas preguntas, pero tamén recibimos información directa con só observar como se movían os modelos cando levaban o albornoz posto. Ao realizarmos así o desenvolvemento do produto, xunto a persoas con necesidades diferentes, é máis probable que poidamos mellorar a súa vida diaria. E, como no caso do albornoz ROCKÅN, crear un albornoz no que todo o mundo se sinta cómodo e que quede ben", afirma Sara.

Máis información

Material

Que é o algodón?

O algodón é unha das fibras naturais máis apreciadas e utilizadas do mundo. Os tecidos de algodón son suaves, resistentes e pódense lavar a altas temperaturas. Tamén respiran ben e absorben a humidade, polo que son agradables de levar preto do corpo. Hoxe en día, en IKEA utilizamos cada vez máis algodón reciclado e esforzámonos por asegurarnos de que todo o algodón novo que utilizamos cultivouse e producido con cantidades cada vez menores de pesticidas, fertilizantes e auga.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.