Saltar

RENSARE Bolsa roupa x3, a cadros/gris negro

5,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

É bastante agradable que a roupa e os artigos pequenos teñan un lugar obvio na casa. Non terás que buscar os calcetíns e os auriculares cando te prepares para marchar pola mañá, e poderás preparar a maleta nun intre.

Número de artigo304.325.02

Detalles do produto

Na bolsa grande, podes gardar pantalóns e camisetas. Se os enrolas, terás espazo para máis cousas.

Nas bolsas pequenas pódese gardar de todo, desde roupa interior e calcetíns até auriculares.

Vai perfectamente coas mochilas e bolsas de fin de semana DRÖMSÄCK e VÄRLDENS, e coa caixa STUK con compartimentos (34x51x10 cm).

Deseñador

Hanna-Kaarina Heikkilä

Número de artigo304.325.02

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100 % poliéster (90 % reciclado como mín.), 100 % poliuretano

Mantemento

Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Medicións

Embalaxe

RENSARE

Número de artigo304.325.02
  • Ancho: 11 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 22 cm
  • Peso: 0.09 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
263Opinións
Bolsa de organización gris, con cremalleira con patrín de reixa. Material robusto e de alta calidade.

Bolsas cheas de ideas

Sabías que pasar unha media de cinco horas por semana en ir e volver do traballo, a escola ou o ximnasio representan máis de dez días completos de traxectos por ano? E se a isto lle sumas ir recoller e levar os cativos, facer de compras e ir ao resto de sitios que tes que ir, ese tempo non fai máis que prolongarse. Coa nosa colección de bolsas, queriamos crear a compañeira perfecta para todas as túas viaxes, escapadelas e excursións.

Na actualidade pasamos cada vez máis tempo fóra de casa. "As persoas que están constantemente de aquí para alá precisan solucións sinxelas e organizadas que lles permitan ter sempre consigo as cousas que necesitan, di Holly Harraway, que participou no proxecto. "Falamos con persoas con diferentes estilos de vida, intereses e necesidades. A conclusión á que chegamos é que as bolsas tiñan de ser creadas en función das actividades". Deseñadas de dentro para fóra "Aproveitamos os nosos coñecementos en organización do fogar para crear bolsas funcionais e prácticas", di. O resultado son bolsas de diferentes estilos e tamaños, para distintas necesidades e actividades. Con chaveiros e compartimentos para portátiles. Pero tamén petos agochados con cremalleira para os obxectos de valor: na parte de fóra para maior comodidade e na parte interior para maior seguridade. "Todo o mundo quere que as súas cousas estean ben recollidas e ter todo sempre á man, sen importar onde esteamos".

A suma de todas as cousas

O tecido das bolsas está feito, como mínimo, cun 90% de poliéster reciclado. "É unha elección sostible que non inflúe negativamente no aspecto, as funcións nin a calidade", di Holly. En suma, unha solución popular e económica para levar contigo todas as cousas que necesites. Todo no seu sitio e un lugar para todo.

Máis información

Material

Que é o poliéster reciclado?

Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.