Saltar

RENSARE Bolsa, a cadros/negro, 30x40 cm/8 l

1,49€
Cantidade mínima para o pedido: 3

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

As bolsas da serie RENSARE son perfectas para organizar todo cando viaxas, desde roupa e calzado até accesorios pequenos e grandes. E, se queres, podes empezar a organizalo todo xa no armario.

Número de artigo204.324.99

Detalles do produto

Ideal para calzado ou outros obxectos máis grandes que queiras gardar por separado na maleta ou no armario.

Deseñador

Hanna-Kaarina Heikkilä

Número de artigo204.324.99

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

100 % poliéster (90 % reciclado como mín.), 100 % poliuretano

Mantemento

Lavar á maquina a 30 ºC coma máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Medicións

  • Ancho: 30 cm
  • Altura: 40 cm
  • volume: 8 l

Embalaxe

RENSARE

Número de artigo204.324.99
  • Ancho: 10 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 16 cm
  • Peso: 0.04 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
141Opinións
Mochila negra con patrón de grella con correas de ombreiro robustas e acolchadas, cremalleiras de calidade e tecido resistente.

Bolsas cheas de ideas

Sabías que pasar unha media de cinco horas por semana en ir e volver do traballo, a escola ou o ximnasio representan máis de dez días completos de traxectos por ano? E se a isto lle sumas ir recoller e levar os cativos, facer de compras e ir ao resto de sitios que tes que ir, ese tempo non fai máis que prolongarse. Coa nosa colección de bolsas, queriamos crear a compañeira perfecta para todas as túas viaxes, escapadelas e excursións.

Na actualidade pasamos cada vez máis tempo fóra de casa. "As persoas que están constantemente de aquí para alá precisan solucións sinxelas e organizadas que lles permitan ter sempre consigo as cousas que necesitan, di Holly Harraway, que participou no proxecto. "Falamos con persoas con diferentes estilos de vida, intereses e necesidades. A conclusión á que chegamos é que as bolsas tiñan de ser creadas en función das actividades". Deseñadas de dentro para fóra "Aproveitamos os nosos coñecementos en organización do fogar para crear bolsas funcionais e prácticas", di. O resultado son bolsas de diferentes estilos e tamaños, para distintas necesidades e actividades. Con chaveiros e compartimentos para portátiles. Pero tamén petos agochados con cremalleira para os obxectos de valor: na parte de fóra para maior comodidade e na parte interior para maior seguridade. "Todo o mundo quere que as súas cousas estean ben recollidas e ter todo sempre á man, sen importar onde esteamos".

A suma de todas as cousas

O tecido das bolsas está feito, como mínimo, cun 90% de poliéster reciclado. "É unha elección sostible que non inflúe negativamente no aspecto, as funcións nin a calidade", di Holly. En suma, unha solución popular e económica para levar contigo todas as cousas que necesites. Todo no seu sitio e un lugar para todo.

Máis información

Material

Que é o poliéster reciclado?

Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.