Saltar

PINNTORP Mesa

99,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Nesta mesa de madeira collen comodamente 4 persoas. Inspirada na tradición sueca, o seu deseño sinxelo transmite calor e personalidade, o que fai desta mesa perfecta para compartir momentos e conversa con familiares e amizades.

Número de artigo405.294.62

Detalles do produto

Esta mesa de 4 prazas ten unhas dimensións compactas que facilitan a súa colocación, mesmo en espazos reducidos.

A robusta estrutura de madeira maciza co tradicional acabado en vermello é un tributo á herdanza do mobiliario sueco. Esta cor achega calidez e ilumina ata o día máis cinsento.

A vea da madeira é visible e dálle calidez e un aspecto natural á cadeira.

O compañeiro ideal das cadeiras PINNTORP. As cadeiras STEFAN teñen un estilo distinto co que tamén casa moi ben.

A madeira é un material natural e as variacións do taboleiro e as patas fan que cada mesa sexa única.

Deseñador

Friso Wiersma

Número de artigo405.294.62

Información útil

Para 4 comensais.

Só para uso en interiores.

Posibilidade de separar para reciclar ou recuperar enerxía, se estiver dispoñible na túa zona.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Para unha calidade óptima, aperta de novo os parafusos cando sexa necesario.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

PINNTORP Mesa405.294.62

Consellos e instrucións de coidado

PINNTORP Mesa405.294.62PINNTORP Mesa405.294.62

Medicións

  • lonxitude: 125 cm
  • Ancho: 75 cm
  • Altura: 75 cm

Embalaxe

Este produto ven en 2 paquete(s).

PINNTORP

Número de artigo405.294.62
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 79 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 132 cm
  • Peso: 11.00 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 105 cm
  • Peso: 6.90 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
258Opinións

Accesorios para PINNTORP

A idea tras o produto

A idea tras o produto

Ó deseñar a serie PINNTORP, centreime nos mobles suecos tradicionais do século XIX, unha época na que os recursos eran limitados e era necesario utilizar os materiais con tino. Canto á cadeira, probei diferentes ángulos do respaldo para a comodidade ser óptima. Ía engadir barrotes, mais na realidade a cadeira era igualmente cómoda sen eles. O uso intelixente de materiais conferiulle un aspecto distintivo e as tonalidades vermellas e en madeira da serie son tamén unha homenaxe a esta época que lle transmiten un toque cálido e bonito ó teu fogar.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.