Transformar as acuarelas de Stina en preciosos estampados téxtiles e produtos para o deseño de interiores esixiu unha colaboración estreita co equipo encargado dos tecidos. "Había que atopar a escala axeitada para que os motivos encaixasen, por exemplo, nun coxín, e pescudar a repetición, é dicir, como debía propagarse o padrón polo tecido". Outro aspecto importante foi calibrar as cores para que o resultado coincidise coa planificación. "Este traballo, mesmo nas súas fases dixitais, ten o seu aquel de artesanía. Cómpre precisión e mais unha ampla experiencia para chegar ao punto exacto", expresa Karin.
Complétao con

STOPP FILT Protector antiescorregante, 165x235 cm
Como conseguilo
Recoller 25 puntos con
Podes cambiar de opinión
A alfombra PELARKÖRSBÄR, deseñada por Stina Persson, ten un deseño de follas 3D con diferentes alturas de pelo, o que lle dá un carácter moi persoal pero, á vez, sutil. Os seus tons beixe claro fan que sexa doada de combinar.

A alfombra de pelo curto amortece o son e ofrece un tacto suave en contacto cos pés tanto na sala de estar como no dormitorio.
Stina Persson

Opinións dos clientes
Accesorios para PELARKÖRSBÄR
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Un toque floral cheo de frescura
Os estampados florais seguen a ocupar un lugar destacado no deseño de interiores. Nesta ocasión, porén, queríamos explorar esta temática atemporal dende unha óptica nova. Co estilo expresivo da deseñadora gráfica Stina Persson, sentimos que íamos por bo camiño. O resultado é unha colección conxuntada de flores abstractas e liñas suaves e amplas que unen como un fío vermello cortinas, coxíns e roupa de cama.
"Stina traballa coas acuarelas utilizando un estilo divertido e gráfico que achega unha sensación refrescante e chea de emoción", afirma Karin Dahlström, coordinadora de deseño dos nosos tecidos. "Démoslle algunhas indicacións, como a paleta de cores que debía usar e os produtos que debía incluír. A colección debía ir conxuntada, ser funcional durante todo o ano e poder combinarse co resto das nosas gamas para sala de estar e mais dormitorio".
De pinceladas a estampados téxtiles
Expresión para a xanela
Os padróns máis grandes e atrevidos a miúdo acaban nos coxíns e mais nos elementos decorativos, mais neste caso escollemos utilizar algúns deles nas cortinas SKOGSNÄSSLA e PELARKÖRSBÄR. "Cando vimos as magníficas pinturas de Stina, o que queríamos era que salientasen", lembra Karin, que desenvolveu unha nova estima pola acuarela mentres traballaba coa colección. "Imaxina como unha soa cor é capaz de ter tantos tons diferentes solo por como está mesturada. A acuarela é realmente expressiva e definitivamente é capaz de facer unha contribución única aos interiores".





