Saltar

ÖVNING Organizador material escritorio, 32x26 cm

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
ÖVNING
105.520.10

Neste organizador de escritorio podes gardar desde lapis, tesoiras e papel, ata o teléfono móbil, o cargador e os auricular. E na parte de atrás hai espazo para a tableta. Facilita que o teu fillo poida estudar en calquera parte.

Características do produto
  • Poliéster
Máis información
O organizador gris con múltiples compartimentos contén marcadores, tesoiras, un caderno de notas e unha lámpada, deseñada para unha fácil portabilidade e un estudo eficiente.

Opinións dos clientes

4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 133Valoración media
133Opinións
4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 133Valoración media
133Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Vai sendo hora de facer os deberes

Non sempre é fácil dar cun recuncho tranquilo onde facer os deberes. No caso da serie ÖVNING, a nosa idea era crear algo para axudar ás e aos máis pequenos da casa coas súas tarefas. Algo material, pero que tamén tivese un impacto positivo no seu corpo e cabeciñas.

"Visitamos a nenas e nenos de todo o mundo e descubrimos que non sempre teñen as mesmas necesidades á hora de facer as súas tarefas. Hai pequenos quen prefiren traballar nun escritorio, mentres que outros están máis cómodos no chan", di Anna Carme, membro de Children's IKEA. "É por iso que cómpre certa flexibilidade neste senso, unha flexibilidade que, por certo, nos levou a crear ÖVNING".

Pensamos nos bulebules da casa

A maioría das nenas e nenos teñen unha cousa en común: son incapaces de ficar quietos moito tempo. "Toda esa enerxía que teñen dentro ten que saír por algún sitio. A ciencia demostrou os beneficios da actividade física na aprendizaxe. Igual de bo é que xoguen antes de facer os deberes como que se movan mentres estudan", di Anna para explicar de onde vén a inspiración á hora de crear os repousapés da serie. "Poden usalos para balancearse coa axuda dos pés ou tamén para adoptaren unha postura máis cómoda".

Divírtete e concéntrate

Contar cun lugar específico onde estudar é importante, pero este non ten de ser necesariamente un escritorio. O divisor de escritorio e o organizador de accesorios da serie ÖVNING permitiravos crear un espazo privado que poderedes personalizar ao voso gusto e levar convosco á mesa do comedor ou ao sofá. "A miúdo consideramos que moverse e divertise durante as horas de estudo é unha falta de concentración. Para nós é todo o contrario. As nenas e os nenos concéntranse mellor cando o tempo de estudo é flexible e divertido. Considérano unha especie de recompensa".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de

Accesorios para ÖVNING