O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.
MÅLA Tesoiras
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
MÅLA
904.565.90A serie MÅLA ten todo o que o teu fillo precisa para desenvolver a súa creatividade. Pintar, recortar, debuxar... Trátase de que o pase ben e explore o mundo coa súa imaxinación. Sen límites!
Material
- Compoñentes plásticos:
- Plástico ABS
- Compoñentes de metal/ Folla:
- Aceiro inoxidable

Con estas tesoiras, os pequenos poden recortar papel de xeito seguro tanto coa man dereita como coa esquerda.
Especialmente deseñadas para que os nenos non se corten.
A creatividade relaxa e concentra; é ideal após unha longa xornada de cole e actividades.
S Fager/C Tubertini
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Compoñentes plásticos:
- Plástico ABS
- Compoñentes de metal/ Folla:
- Aceiro inoxidable
- ATENCIÓN! Contén pezas con bordes afiados. Risco de corte. Non é axeitado para nenos menores de 4 anos.Recomendado para nenos a partir de 4 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.
Calidade
O xenio creativo vén en tamaño pequeno!
Pinta! Recorta! Debuxa! A serie MÅLA todo o que o teu fillo necesita para dar renda solta á súa imaxinación e creatividade. Pinceis con mango de madeira sen tratar para un bo agarre, tesoiras adaptadas ás mans dos máis pequenos e cores fáciles de mesturar e lavar. Nada de rifar ao teu fillo para que volva poñer a tapa: os nosos rotuladores aguantan 3 días enteiros sen tapa. Todo é non tóxico, por suposto. Porque nos preocupamos tanto como ti pola próxima xeración de mentes creativas.







