Saltar
Máis MÅLA serie

MÅLA Portarrolos con almacenaxe

Prezo 8,99€

Complétao con

Rolo de papel de debuxo beige, folla grande, plana, un extremo enrolado.

MÅLA Rolo de papel de debuxo, 30 m

Prezo 2,99€/30 m

Como conseguilo

Comprobando dispoñibilidade...
Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información

MÅLA

704.889.69

O soño de todo pequeno artista. Este produto permite instalar un rolo de papel de debuxo e gardar lapis e rotuladores. Unha vez que o debuxo estea acabado, o teu fillo poderá arrincalo facilmente grazas ao cortapapel vermello.

Máis información
Estación de arte de madeira con rolo de papel, bolígrafos de cores e debuxo infantil. Un bordo vermello.

Opinións dos clientes

4.3Opinar: 4.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 401Valoración media
401Opinións
4.3Opinar: 4.3 de 5 estrelas. Revisións totais: 401Valoración media
401Opinións

As túas olladas

Ideas suxeridas polos produtos que viches fai pouco

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Para os pequenos creadores curiosos

Debuxos e rotuladores sen tampa ciscados por toda a cociña. Sóache? É o bo que ten vivir con nenos porque o certo é que dá a vida. Pintar, debuxar e traballar coas mans son actividades divertidas e importantes, porque teñen unha influencia positiva sobre o seu desenvolvemento. Cando creamos a serie MÅLA, tomamos moi en serio as súas creacións e escoitamos aos verdadeiros expertos: os propios nenos.

O primeiro paso é coñecer a opinión do neno para entender que é o que realmente necesita. Neste proxecto apoiámonos nos coñecementos extraídos da pedagoxía centrada na creatividade. "Decatámonos de que a creatividade non é un simple xogo para as nenas e nenos, son pequenos investigadores que crean para comprender o mundo que os rodea", di Ina Tidbeck Sjöblom, que participou da creación da serie MÅLA.

Para artistas con moito choio

O equipo entrevistou grupos de nenos a quen lles pedimos que probasen os nosos prototipos e nos desen a súa opinión. Cales eran as súas cores favoritas? Que pensaban do papel? "As súas opinións tiñan unha base moi sólida e lóxica. Descubrimos tamén como utilizaban os aparellos para pintar e debuxar. Por exemplo, a un neno de catro anos que está a facer un debuxo non sempre se lle acorda volver a poñerlle a tampa aos rotuladores que vai utilizando. E neses casos, os rotuladores deixan de funcionar aos tres días". Para crear un obxecto final dunha calidade imbatible a un prezo único, pedímoslle ao equipo de desenvolvemento que non escatimase en tempo nin en esforzo. "É moi importante saber o que os nenos fan e como o fan. Por iso tivemos en conta as súas opinións e nos aseguramos de que os produtos satisfacían as súas necesidades.

Comezos sinxelos

A serie MÅLA leva entre nós xa un tempo, mais segue a medrar e evolucionar conforme imos descubrindo necesidades novas e van aparecendo ideas novas. É imperativo que todas as partes dos obxectos sexan fáciles de manipular cando nos vén a inspiración. "Non queremos que os pais do neno teñan que estar con el cada vez que lle apeteza poñerse a pintar ou debuxar. Que poidan facer cousas por si mesmos é unha parte moi importante no seu desenvolvemento persoal. Porque van medrando con cada creación".

Calidade

Xenialidades creativas en tamaño pequeno!

Pinta! Debuxa! Dá forma! A serie MÅLA ten todo o que un pequeno ou unha pequena precisan para liberar a súa imaxinación e creatividade (e para gardar as súas creacións). Inclúe un cabalete, masas de cores para modelar, pinceis e tesoiras aptas para manos pequenas e pinturas fáciles de mesturar e limpar. E non pasa nada se non lle colocan a tampa ao rotulador ao rematar, porque poden sobrevivir sen ela até tres días.

Consigue o estilo

Ideas suxeridas por produtos que viches hai pouco

Máis MÅLA serie