Simplicidade fermosa cun efecto madeira natural e acolledor. A estrutura innovadora desta mesa é moi resistente, cuns poucos clics quedará montada e pronta para utilizar.
Detalles do produto
A súa construción intelixente e aspecto artesanal fixeron que a nosa serie de mesas LISABO se convertese na gañadora dos Red Dot Design Award en 2016.
Fácil de montar, xa que cada pata só leva unha ferraxe.
O taboleiro de chapa de freixo e as patas de bidueiro macizo dan un toque natural e acolledor á estancia.
O freixo é unha madeira dura, resistente e con vetas decorativas. Co tempo a cor adopta un ton máis cálido e dourado.
Esta mesa foi probada de acordo coas nosas normas máis estritas de estabilidade, durabilidade e seguridade, e resistirá o uso diario durante moitos anos.
K Hagberg/M Hagberg
Información útil
Para 6-8 comensais.
Só para uso en interiores.
Pódese combinar con outros produtos da serie LISABO.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Lámina superior:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Soporte de pata:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
LISABO Mesa105.637.73Medicións
- lonxitude: 200 cm
- Ancho: 78 cm
- Altura: 74 cm
Embalaxe
LISABO
Número de artigo105.637.73- Ancho: 82 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 204 cm
- Peso: 24.20 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 21 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 82 cm
- Peso: 3.64 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para LISABO
Calidade
Inspirada no ceo. Deseñada para o teu fogar.
Como podemos gozar de toda a beleza da madeira sen o seu peso? O noso crebacabezas quedou resolto cando miramos ao ceo. Inspirada no deseño aeronáutico, a mesa LISABO conta cun núcleo lixeiro en forma de acordeón feito de taboleiro de fibras de alta densidade. Así utilizamos menos material, mais ofrece igualmente unha gran resistencia e estabilidade. Dito doutro xeito, terás unha mesa moi doada de mover e ao mesmo tempo resistente como para soportar todo o que lle botes. Ás veces, as mellores ideas de deseño xorden ao ollarmos cara a lugares inesperados.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Con LISABO queriamos crear unha serie co aspecto inconfundible da madeira, cun deseño lixeiro e duradeiro fácil de montar. Eliximos un verniz mate sobre chapa de freixo para o resultado conservar o aspecto da madeira natural. A técnica especial que utilizamos permite fabricar as mesas sen carrís e con bordos biselados, que lle dan un aspecto artesanal. Estes mobles pódense utilizar de diferentes maneiras e combinan moi ben entre si e por separado".







