Saltar

KURA Cortina para cama, motivo posto mercado

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Véndense sandías e xeados! Esta cortina para cama estimula a imaxinación e o xogo de roles. É de poliéster (nun 90% reciclaxe) e encaixa á perfección na cama KURA.

Número de artigo205.061.45

A cortina pódese utilizar con independencia de como coloques a cama e a escaleira.

Cada posto do mercado ten unha abertura, de modo que os nenos poden xogar tanto dentro como fose e alternar no papel de vendedor e cliente.

Xogar ás tendas e imitar aos adultos nun xogo de roles é unha forma de elaborar experiencias, practicar a relación cos demais e comprender a contorna.

O motivo estimula a imaxinación e combina á perfeccioón coa comida, os utensilios de cociña e a caixa rexistradora de xoguete da serie DUKTIG.

Opinións dos clientes

4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 20Valoración media
20Opinións
4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 20Valoración media
20Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Un cuarto infantil cunha cama KURA con cortinas brancas do mercado, mobles de madeira e xoguetes de cores.

Dámosche a benvida ao mercado

"Ao rico xeado!" Aos nenos de todo o mundo encántalles xogar ás tendas... e a construír cabanas. Coa cortina para cama KURA poden facer ambas cousas e converter o espazo ao redor da cama nun posto de venda. Un lugar onde a imaxinación pode fluír libremente mentres xogan a ser maiores convértese nunha parte importante do seu desenvolvemento.

A cama reversible KURA foi unha das favoritas da nosa gama durante moitos anos e sabemos que moitos nenos a utilizan como un recuncho de seu no que xogar e construír cabanas. Anteriormente desenvolvéramos imaxinativas tendas infantís para utilizar na cama, e a cortina para cama é outro dos nosos grandes amigos da familia KURA. "Queriamos desenvolver algo que incitase ao xogo, así que a convertemos en tres postos de mercado cheos de cousas interesantes que comprar", afirma Anna Edlundh, unha das desenvolvedoras de productos do departamento infantil de IKEA.

Moitos xogos en pouco espazo

A cortina pódese utilizar independentemente de como se coloque a cama e fíxase facilmente na estrutura da cama con peches de velcro. Cando chegue o momento de deixar de xogar, podes deslizar a cortina cara a un lado. Anna explica que o estampado estimula a imaxinación e vai a xogo coa comida e os accesorios de cociña de xoguete da serie DUKTIG. "Cada posto da mercado ten unha abertura para que os nenos poidan xogar tanto no interior como no exterior, poñer un café, dar xeados ou turnarse para ser vendedores e clientes".

Xogar a ser maior é case tan importante divertirse

Como sempre que xogan a seren maiores, xogar ás tendas é un xeito de que nenos e nenas proben a xogar en diferentes papeis e a procesar o que experimentaron durante o día. Moitas veces imítannos aos adultos, o que os expertos en desenvolvemento infantil adoitan describir como unha oportunidade para practicar a interacción cos demais e un xeito de entender o mundo. "Non é sorprendente que xogar a ser maiores sexa unha parte importante do desenvolvemento dos nenos e nenas", afirma Anna. "Ao mesmo tempo, é moi divertido e imaxinativo".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de

Accesorios para KURA