Aínda en Vietnam, Anna e o seu equipo tamén puideron adaptar a construción da lámpada. Non só para que ocupase o mínimo espazo durante o transporte, senón para que fose doada de separar cando chegase o momento de reciclala. "A pantalla de lámpada de bambú trátase cun verniz a base de auga, polo que debe reciclarse por separado, mentres que o cable e o portalámpada deben reciclarse cos residuos eléctricos", di Anna. "Porén, que chegue á fase da reciclaxe significa que ofreceu moitos anos de iluminación e beleza no fogar".
KNIXHULT Lámpada de teito, bambú/á man, 40 cm
Como conseguilo
Recoller 9 puntos con
Ao crearmos KNIXHULT, queriamos facer unha lámpada cun impacto ambiental mínimo. Para darlle carácter a esta lámpada, empregamos bambú (que doutro xeito sería desbotado). Así aproveitamos ao máximo esta materia prima.
Detalles do produto
Proporciona unha iluminación suave e brillante que crea un ambiente cálido e acolledor no teu fogar.
Cada lámpada é única, xa que ao ser bambú, presenta variacións naturais de cor; ademais, foi trenzada por un experto artesán.
Cando deseñamos a lámpada KNIXHULT utilizamos partes do bambú que xeralmente se descartan, para sacar o máximo partido desta materia prima.
Emma Olbers
Información útil
A lámpada véndese á parte. IKEA recomenda a lámpada LED E27 globo ópalo branco.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
Bambú, Laca transparente
Mantemento
Quita o po da lámpada cun plumeiro.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
KNIXHULT Lámpada de teito404.048.86Consellos e instrucións de coidado
KNIXHULT Lámpada de teito404.048.86Medicións
- Máx.: 13 W
- Altura: 53 cm
- diámetro: 40 cm
- lonxitude do cable: 1.6 m
Embalaxe
Este produto ven en 2 paquete(s).
KNIXHULT
Número de artigo404.048.86Paquete 1
- Ancho: 42 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 55 cm
- Peso: 0.65 kg
- Paquete(s): 1
Paquete 2
- Longo: 44 cm
- Peso: 0.42 kg
- Diámetro: 39 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
As túas olladas
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Nada se perde, todo transfórmase
De aquí a 2030, o noso obxectivo é que os nosos produtos estean completamente dentro da economía circular e isto comeza pola serie de lámpadas KNIXHULT de bambú. Mais unha cousa… Que significa realmente "circular"? Entre outras cousas, que só poderemos utilizar materiais reciclados ou renovables, e que todos os nosos produtos deben ser reciclables. Viaxamos a Vietnam e estudamos todo o proceso de produción desde o cultivo da planta, ata o trenzado do produto. O resultado foi KNIXHULT.
Foi ao estar cun provedor en Vietnam que a desenvolvedora de produto Anna Granath e o equipo se decatou de que se utiliza menos do 20% da planta de bambú para tecer decoracións para o fogar. O resto clasifícase e utilízase como combustible. "A miúdo, non hai problema ningún coa calidade, senón que o bambú clasificado simplemente ten variacións mínimas de cor", afirma Anna, a quen esas variacións lle parecen interesantes. "Levamos unha morea de bambú descartado para teceduras de proba e o resultado foi incriblemente bonito e xenuíno. Tornouse aínda máis bonito cando chegou a quenda dos expertos artesáns no noso centro de costura".
Fácil reciclaxe
O coidado dos recursos do planeta
Para Anna, KNIXHULT converteuse en algo máis que unha lámpada cunha iluminación agradable. O proxecto todo permitiulle obter información valiosa. "Creo que todos precisamos ver os recursos da Terra cun novo ollar e cuestionarnos por que parte deles se consideran residuos. KNIXHULT é un pequeno paso dado na dirección axeitada. Ao permitir brillar unha nova expresión, podemos utilizar o 65% do bambú en lugar de só o 20%".
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.












